luns, 21 de maio de 2018

Realización dunha alfombra floral


Dende mediados do século XIX a xente de Ponteareas  cubre as principais rúas da vila con petalos e flores a noite previa a celebración do Corpus Christi.
Estas alfombras son produto de moito traballo a longo de todo o ano; as tarefas se distribúen entre os participantes,  elaboración de debuxos e planeillas, os nenos repasan os debuxos, recolleita de moitas clases de flores e outros elementos vexetais: follas,  árnica, coca de eucalipto e fiúncho para perfilar os debuxos.
Toda a vila participa na elaboración das alfombras e o resultado é cada vez máis impresionante. Non é de estrañar, pois, que sexa unha festa de interese nacional.
Por todo isto, tratamos de incluír na visita dos nosos compañeiros irlandeses a elaboración dunha alfombra floral, porque simboliza o resultado dun traballo e esforzo común e representa un elemento cultural típico de Ponteareas e galego.
A través da concelleira de Educación, Cristina, contactamos cun tapiceiro que nos ensinou como se fan as alfombras e logo dirixiu aos alumnos e alumnas no seu traballo.
Este foi o resultado. Ata o Faro de Vigo se fixo eco da elaboración desta preciosa alfombra!



Ningún comentario:

Publicar un comentario