luns, 2 de xullo de 2018

CURSO 2018- 2019

PRIMEIROS PASOS 

Tras a sesión informativa realizada nos distintos IES unha parte do alumnado manifestou o seu interese polo proxecto.  En  Septembro volverémos a contactar con todos e invitarémos tamen as familias para confirmar a participación.
As datas da primeira viaxe do intercambio son do 18 ao 25 de Outubro ( xoves a xoves), nas que o alumnado galego recibiría na súa familia a un rapaz ou rapaza irlandés.
Ao longo do curso, o alumnado  deberá participar nunha serie de actividades que se proporán dende a coordinación do proxecto.
O compromiso co proxecto é serio e dura todo o curso. Comprendémos que é un traballo extra para os rapaces pero a experiencia en sí é única e moi enriquecedora, tanto a nivel académico como persoal.

Aqueles alumnos e alumnas que reciban o visto bo das súas familias, deberán escribir un correo electrónico a seguinte dirección tuam.ponteareas@gmail.com indicando:

  • nome completo, 
  • email de contacto,
  • centro ao que asisten 
A primeira das actividades que debedes realizar é a lectura dun libro sobre Irlanda:





A continuación debedes realizar un pequeno video no que -en inglés- 

  • resumir o contido do libro,
  • falar de aquilo que mais vos chamou a atención ( aspectos históricos e culturais) 
  • similitudes coa cultura galega.
A duración do vídeo non será inferior a un minuto.

DATA LIMITE DE ENVÍO:   31 de Agosto de 2018

Animádevos a participar!!!

Resumo de actividades do curso 2017 - 2018

Moitas grazas a Aida, Jacobo, Pablo e Jorge

do IES VAL DO TEA 

2018