luns, 21 de maio de 2018

Obradoiro de Historia

Un dos temas elixídos neste curso como elemento común  foi a emigración. 

Cando os alumnos e alumnas galegos foron a Irlanda, A profesora de Historia propuxo unha presentación en Power Point para explicar o tema.

Primeiro achegou o contexto socioeconómico do país naquel momento concreto:
A situación do campesiñado irlandés que non era o propietario da terra e pagaba rendas aos terratenentes ingleses. A situación de monocultivo da pataca como case o único produto alimenticio da poboación rural que ademais empregaba case  unha soa variedade de pataca .
Tamén falou de cómo e cando chegou a Europa a praga  de Phytophthora infestans ( potato blight) e das distintas propostas do Goberno de Londres, que non tiveron efecto e agravaron cada vez máis a situación.
 O desastre demográfico xa estaba en marcha, e pouco se puido facer. Fame, enfermidades, tifus, disentería etc. e morte foron imparables.
A emigración foi parte da solución naqueles anos. Os que puideron marchar o fixeron, sobre todo a América e a Inglaterra. Irlanda perdía poboación por centos de miles a longo de poucos anos.
Neste  punto a profesora tamén centrouse nas dificultades destas persoas para conseguir os cartos necesarios xa que a grande maioría non tiñan propiedades, nin a terra nin a casa eran súas e moitos terratenentes os botaran fora ao non poder pagar con colleitas ou diñeiro.
Rematouse a clase cunha actividade cos alumnos onde cuns recortes que se lles facilitaron tiñan entre eles que debater sobre a situación social de fame e emigración. Estes papeis eran pequenos documentos que representaban a un personaxe do momento. Por exemplo, Charles Trevelyan, encargado do Tesouro del goberno británico ou ben  un campesiño deshauciado con varios fillos.

No IES VAL DO TEA o profesor de historia Adrián Barreiro e os alumnos e alumnas de cuarto tamén fixeron un estudio sobre as razóns que levaron a algúns ponteareans a emigrar e aos  paises onde emigraron. 
Este foi o Power Point que se elaborou e que foi presentado nas dúas linguas aos alumnos e alumnas irlandeses e galegos. 

Tamén presentaron un mapa interactivo que permitía situar a cada persoaxe no país ao que emigrou e o medio utilizado.


Finalmente se lles pediu aos alumnos e alumnas irlandeses e galegos que fixeran unha búsqueda por Internet sobre as semellanzas e diferenzas dos motivos que levaron aos dous pobos a emigrar. Este é o resultado do seu traballo conxunto. 


Despois desta actividade, no IES do Barral visitaron unha exposición fotográfica sobre o tema. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario