luns, 13 de novembro de 2017

Novas de Tuam















Aquí deixamos unhas fotografías da viaxe, así como da primeira fin de semana en Irlanda. Despois de acudir a un evento oficial en Tuam, pasaron o sábado na Illa de Arán, e o domingo en Connemara, escalando Diamond Hill. Esperamos que disfrutasen moito.

venres, 10 de novembro de 2017

VIAXE A TUAM

2017-2018

 


 


 Hoxe ás 6:00 saían os quince rapaces dos tres centros de Ponteareas xunto cos seus profesores destino a Tuam, Irlanda.

Esperamos que teñan unha experiencia inesquecible! Contamos con vos para aprender das vosas aventuras!

martes, 7 de novembro de 2017

A nosa history de como Cú Chulain e Maruxa se coñeceron


Viaxe a Irlanda Novembro 2017

                                         VIAXE A IRLANDA NOVEMBRO 2017






Deixamos aqui a PPT utilizada na sesión informativa cos pais, nais e alumnado que vai participar na primeira parte do intercambio co Archibishop McHale de Tuam.



Segunda visita Transnacional - Tuam 2017

Seguimos este curso 2017- 2018 co noso proxecto   

ENDANGERED LANGUAGES, CULTURAL DIVERSITY AND INTEGRATION IN THE EU OF THE XXI CENTURY 

e como primeira activade programada fixemos unha visita transnacional a Tuam.
Nesta visita coñecemos a nova coordinadora do proxecto pola parte Irlandesa, Deirdre, e reunímonos con varias profesoras para decidir que temas imos tratar neste ano, fútbol  gaélico, emigración e moitas cousas máis.
Tamén nos reunimos con Miguel Losada e coa directora do centro.
Ademais, planificamos as datas nas que o alumnado viaxará a Tuam e cando eles viran a Ponteareas. 
Como sempre, disfrutamos moito da viaxe e fomos moi ben recibidas.  

Go raibh maith agat

luns, 9 de outubro de 2017

All about Ireland

Se ademais o queres escoitar ...

Este ano pedímoslles aos participantes no proxecto que lean este libro e que fagan un video resumo do mesmo, comentando aquelas cousas que máis vos chamaron a atención e buscando similitudes con Galicia.
Tedes ata o día 18 de Outubro as 24.00 para mandar o voso traballo.
( atención ampliouse o prazo ata o mércores) 
Moitas grazas. 

CURSO 2016-2017 Segundo Ano do Proxecto

Comezamos.....este ano con moitos maís alumnos e alumnas participantes. Esperamos aprender moito ..... e traballar disfrutando do Galego e do Gaélico. Facer amigos e amigas novas e mellorar a comunicación nas distintas linguas. 


Benvidos 

Fáilte

Maio Longo en Gaélico e YoGoTe





domingo, 24 de setembro de 2017

O video do IES VAL do TEA



As alumnas participantes no proxecto do IES VAL DO TEA elaboraron os guións e gravaron as imaxes para facer unha breve introdución ao centro.
Esta presentación levouse a Tuam na primeira viaxe.  
Moitas grazas polo voso traballo.

Na TG4

Na nosa estadía en Irlanda, participamos nun espazo televisivo da TG4 irlandesa.
Aquí nos tedes:



Estamos a preparar traballos colaborativos en Galego,  Irish Gaelic e Yogote, para tratar de acercarnos tanto as linguas como as culturas dos dous países.

Os cadernos de viaxe

Os cadernos de viaxe son unha forma de escoller as vivencias  do autor ou autora nunha viaxe. Pódese escribir  sobre experiencias,  aprendizaxe e  sentimentos. É unha colección de aventuras, historias, recordos e descubrimentos.  
Pedímoslles aos alumnos que  intentasen escribir algo todos os días, e tamén lles  animamos para que utilizasen a súa imaxinación. Houbo quen escribiu nun caderno e quen o fixo dixitalmente. Engadiron imaxes  e debuxos . Tamén as súas propias fotos, billetes de autobús, recibos, etc.


domingo, 9 de xullo de 2017

Presentación do proxecto para os alumnos de 3 ESO no IES VAL DO TEA

O pasado  23 de Xuño  Carmen, Gemma , Carla e Yolanda fixeron unha presentación para os seus compañeiros e compañeiras de Terceiro de ESO.
Usando unha presentación de PowerPoint como base,  explicaron en que consiste o proxecto, cales son os seus obxectivos e as actividades que fixeron ao longo do curso.
Falaron   sobre  as actividades que  fixeron ao longo do curso, a súa experiencia como familia acolledora,  sobre a viaxe a Tuam, e sobre a importancia que tivo o proxecto no estudio das linguas. 
Carla, ademais, fixo as fotos.

Despois da presentación 26 alumnos e alumnas de terceiro manifestaron o seu interés por participar no proxecto o curso que ven.

mércores, 21 de xuño de 2017

Hoxe, no IES Pedra da Auga, os cinco alumnos que participaron no Erasmus + deste primeiro ano resolveron as dúbidas dos seus compañeiros de terceiro, que serán os beneficiarios do mesmo no ano vindeiro (2016-2019).

Recordaron as experiencias vividas cos compañeiros Irlandeses, así como o que máis lles gustou desta experiencia única.




luns, 15 de maio de 2017

Illas de Aran

Nesta fin de semana visitamos as illas de Aran. Como podedes ver, acompañounos o tempo


Porén, a mellor compañía seguen sendo as amizades 







venres, 12 de maio de 2017

DE VIAXE A IRLANDA

Xa estamos de viaxe a Irlanda...




Aínda que había ameaza de neve, chegamos a salvo



E xa nos tedes traballando...

Curso de lingua galega para falantes de gaélico

No seo do proxecto Erasmus+ que estamos a desenvolver, a lingua galega e gaélica ocupa a cerna do noso traballo. Por este motivo, os estudantes dunha beira e outra do Atlántico afondan nas dúas realidades lingüísticas dun xeito práctico.
Eis un exemplo práctico do noso traballo



Os cursos de inmersión lingüística e mais a elaboración de materiais para os mesmos tiveron boa acollida por parte das amigas irlandesas. O interese amosado encheunos de ledicia.


xoves, 11 de maio de 2017

Alfombra floral de Rosalía

O concello de Ponteareas pediunos unha colaboración para a revista Pregón. Desta maneira, no número deste ano aparecerá un artigo sobre a confección dunha alfombra floral realizada na estadía dos/as estudantes irlandeses/as na nosa terra.
No texto damos conta dos detalles da súa confección, así como tamén da experiencia tan satisfactoria que tivemos. Aquí nos tedes mans á obra.



mércores, 10 de maio de 2017

STOP MOTION NO IES VAL DO TEA

Según a WIKIPEDIA o Stop motion ou parada de imaxe é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas.Son animacións creadas tomando imaxes directamente da realidade. Segundo o tipo de material utilizado nos modelos da animación, pódense distinguir dous tipos de stop motion: a que utiliza modelos creados a partir de materiais maleables como plastilina ou arxila e que recibe o nome de claymation, e as que utilizan figuras ou modelos feitos con materiais ríxidos. Neste obradoiro o alumnado fixo motivos de petróglifos con plastilina que despois foron fotografados e gardadas no ordenador. Finalmente co programa o profesor Xoan Carlos elaborou unha pequena película resultante do traballo. Unha vez máis grazas pola colaboración do profesorado e do alumnado.

















O VERDE FENDEDOR E MOLDES por MIGUEL LOSADA

O Pazo de Tizón en Moldes-Boborás é o corazón da ancestral Cultura Galega e se entendemos A Cultura como o principal froito dunha organización colectiva, inevitablemente significa as esencias e a alma mesma do Pobo Galego. Un pobo que leva habitando esa parte do Planeta desde moito antes dos primeiros rexistros históricos ata a súa configuración territorial definitiva co Emperador Augusto no 19 a.C.
Cando se fala de 1921, a Xeración Nós e Don Vicente Risco, Don Ramón Otero Pedrayo, Don Florentino López Cuevillas, Don Antón Losada Diéguez e Don Alfonso Daniel Rodríguez Castelao a miña opinión é irrelevante, sempre me aproximei a eles como un alumno a un profesor. Si podo dicir que tiven a sorte de ter acceso á súa correspondencia privada, conservada en mutitud de manuscritos en Moldes e que desde moi neno desenvolvín un "pequeno xogo" que curiosamente agora empeza a dar os seus froitos. Sempre me fascinou, por exemplo, saber que os membros da Xeración Nós utilizaban nomes falsos nas súas cartas por medo a que estas fosen interceptadas..que pasaba, pasou e pasaría por aí fóra naqueles tempos é outra conversación que nunca debe ser esquecida e como tal traspasada ás novas xeracións.
 Recordo moi ben, porque así o teño apuntado, que foi un 4 de Agosto de 1981, mentres no salón nobre desenvolvíase unha "importantísima reunión" con múltiples representantes da vida política e cultural galega, eu daquela tiña tan só nove anos, que me coei e encerrei ás agachadas no despacho do meu avó e copiei a primeira carta entre el, Castelao e Risco- algo que en teoría "non se podía facer baixo Pena de morte". Unha copia desa copia desa carta foi

entregada, xa nos anos 90, aos descendentes dos mencionados insignes galeguistas e de aí xurdiu unha preciosa amizade que se prolonga ata os nosos días. Ese precedente de "entrar ás furtadelas e roubar Historia de Galicia copiando correspondencia" converteuse nun hábito que me levou a coñecer as orixes, pobos, xenealoxía, viaxes, dificultades e alegrías de todas e cada unha das familias e descendentes dos arriba mencionados.
Como tal Conversación e Explicación e máis aló da fermosura lírica da nosa lingua debe ser dito que o Ser Galego está dotado dunha conexión singular e única co Medio. O verde fendedor, a imensa variedade da nosa biodiversidade e o mar son os verdadeiros acenos de identidade de Galicia, un non pode ser entedido sen o outro. Como consecuencia hai unha explicación e unha maneira de entender e explicar A Vida a través do traballo, a cultura e sobre todo, o caracter pacífico e nunca belixerante do Pobo Galego. Ese carácter pacífico do Ser Galego, non entendido como unha opción política ou organizativa senón derivado de ser unha colectividade altamente culta e creativa en todas e cada unha das esferas e  profesións das Ciencias do Saber, é o que a xeración Nós e os que a fundaron transmitiron á miña xeración e o que eu sinto debe ser transmitido á xeración vindeira para que non se perda A Explicación E A Conversación...moi especialmente nestes tempos de Cambio Climático onde a biodiversidade galega está máis ameazada que nunca do mesmo xeito que todas as demais ao longo do noso Planeta, de novo e oxalá por última vez, debe usarse Esa Explicación E Esa Conversación.
Esa Explicación E Conversación levoume a millóns de lugares, persoas, personaxes, pasaxes e paisaxes...sempre coa Cultura Galega como "causa litigandi". Sen ir máis lonxe onte despráceme a Balbriggan, County Dublín coa miña boa amiga Sinead Muldoon de Tuam, que acaba de ser nai do seu quinto fillo, e realicei unha presentación ante 30 pais de alumos e 5 profesores na recentemente aberta e inaugurada escola de fala gaélica  Coláiste Ghlór na Mara. Como consecuencia 30 alumnos irlandeses e 30 galegos, neste caso de Ribadavia, commenzarán xuntos en setembro deste ano un proxecto de investigación en lingua galega e gaélica financiado pola U.E  sobre o seu pasado medieval común e seguirán os vosos pasos visitando Moldes en breve.
Finalmente e o máis importante de todo, outro elemento de Moldes é por suposto a Igrexa de San Mamede coa súa Cruz Vermella que nos remite directamente aos Cabaleiros Templarios e a toda a historia anterior á fundación de España; ás migracións desde Terra Santa e algo que nunca debe ser esquecido: a expulsión do Pobo Xudeu con oferta de permanencia de converterse ao Catolicismo. Todos estes anos conservei un crucifixo de non máis de 20x7 cm  cunha bocha de cristal inserida secretamente no seu interior. O contido desa bocha de cristal: unha mostra de terra do Monte das Oliveiras con 2017 anos de antiguedad. Como chegou ao min e quen ma deu é algo que virá á tumba comigo. E falando de tumbas, en San Mamede está enterrado o meu pai, o meu avó e  imaxínome, se Serbia ou Australia non din outra cousa,  a un servidor tamén se lle fará un huequiño en breve.
Espero disfruteis da visita e non olvideis que antes de Neil Armstrong xa había un galego na Lúa explicándolle ao Presidente Kennedy por que un irlandés nunca debería haber elixido a Lyndon Baines Johnson como compañeiro de viaxe.

  

mércores, 3 de maio de 2017

FOTOS DOS OBRADOIROS

ACTIVIDADES FEITAS POLOS ALUMNOS DURANTE A VISITA

ENDANGERED LANGUAGES, CULTURAL DIVERSITY AND INTEGRATION IN THE EU OF THE XXI CENTURY

Data
Actividades pola maña
Comida
Actividades pola tarde - noite
13 / 02 Luns
Chegada dos alumnos irlandeses  10.25
(Hora Portuguesa )
Recepción  do Concello 13:00
13:30 / 14:00 Comida no Centro Social
Clases de Tarde


     14:40
16:00 – 19:00
14/02
Martes
Curso de Galego
( 2-3 )
Ies Val do Tea
Clases & obradoiros
Light painting
Ies Pedra de Auga
Visita Cultural
Roteiro por
Ponteareas

15/02
Mér
Curso de Galego
( 2-3 )
Ies O Barral
Clases & workshops
Arte floral

Ies O Barral

Visita Cultural
Troña e  Castillo de Vilasobroso ; Mondariz
16/02
Xoves
Curso de Galego
( 2-3 )
Ies O Barral
Clases & obradoiros
Stop Motion
Ies Val do Tea
Visita Cultural
Salvaterra-
Monçao-
Valença-
17/02
Ven
Yogote
Ies Val do Tea
Clases & obradoiros
Escritura dun guión en Irlandés e Galego
Pizzeria Piccola

Visita Cultural
Oseira- Borborás – Pazo Antón Losada Diéguez
18/02
Sáb
Excursión a Vigo
Visita ao Monte da Guía
Visita ao Casco Vello
E a Praia de Samil
Centro Comercial Gran Via.
Tempo libre
19/02
Dom
Excursión a Santiago
Visita a la Catedral de Santiago e ao Casco Vello

Xantar no Canceleiro

20/02
Luns
Marcha dos alumnos e alumnas irlandeses
10:45 Hora portuguesa

martes, 2 de maio de 2017


LIGHTPAINT

Aquí temos o resultado do traballo conxunto dos alumnos dos tres centros de Ponteareas e os alumnos do Archbishop McHale realizado nunha das actividades enmarcadas no proxecto Erasmus durante a súa visita en Febreiro.

Centráronse no elemento común dos petroglifos e realizaron unha actividade innovadora coñecida como "lightpaint", na que debuxaron distintos motivos con luces de cores, para montar a continuación o seguinte video. 

Moitas grazas á profesora de Educación Plástica e Visual do IES Pedra da Auga, onde se fixo a actividade, que foi a promotora desta actividade! E a todos os profesores que colaboraron coa supervisión!

Pasárono xenial!

martes, 14 de febreiro de 2017

Algunhas das actividades propostas


Para os alumnos irlandeses se programou un curso de galego iniciación de dúas horas de martes a xoves ao que acudirán eles solos de 9:30 a 11.30 aproximadamente que se impartirá martes e xoves no Ies Val do Tea e o mércores no Ies O Barral.  Mentras os alumnos galegos asistirán ás súas clases en horario normal.

Despois os alumnos galegos e os irlandeses asistirán a clases mestras organizadas polos profesores de plástica dos distintos institutos: o tema de traballo son os petróglifos.

Polas tardes se realizarán distintas saídas didácticas  relacionadas co tema do proxecto, as que vos podes apuntar: Roteiro por Ponteareas ( 14/02) ; Troña, Castelo de Vilasobroso, Mondariz (15/02); Salvaterra, Monçao, Valença. ( 16/02); Oseira- Boborás- Pazo de Moldes- (Anton Losada Diéguez) –Ribadavia (17/02) Vigo ( 18/02) e Santiago( 19/02) .

A hora de programar todas estas actividades tratamos de combinar aspectos didacticos, culturais e lúdicos.  O obxectivo do proxecto e un intercambio educativo no que todos alumnos e profesores nos beneficiemos, lingüisticamente, culturalmente e socialmente.