sábado, 29 de xuño de 2019

Graduación no IES DO BARRAL

O alumnado do IES DO BARRAL que participou no proxecto o primeiro ano 2016-2017, tamén celebraron a súa graduación pero de segundo de Bacharelato.

Eles tamén fixeron unha reflexión do que supuxo a súa participación no proxecto con efecto retrospectivo, incidindo na parte persoal, educativa e persoal.
Moitas grazas pola vosas opinións e valoracións.


Graduación no IES PEDRA DA AUGA

Chegamos ao final dunha etapa e os alumnos e alumnas do Ies Pedra da Augua de 4º de ESO celebraron a obtención do seu titulo de Graduado en Secundaria o pasado xoves 27.



Entre todas as actividades e experiencias vividas, o alumnado do proxecto fixo mención especial ao mesmo e resaltaron o que supuxo para eles a implicación e contribución a súa formación.
Tamén dérolle especialmente as grazas ao profesorado acompañante, Chelo, Isabel e Xabier, e a súa profe Bea ( coordinadora do proxecto) que traballou e os acompañou nas distintas actividades.
Entre todos fixeron un GRANDISIMO traballo.



Dende a coordinación queremos darlles tamén as grazas pola súa implicación e alegría.

mércores, 26 de xuño de 2019

Premios Losada Dieguez

Nova Nursia, de Hector Cajaraville, e As orixes da fotografía en Galicia, de Carlos Castelao, premios Losada Diéguez

https://axendacultural.aelg.gal/tag/premios-losada-dieguez/


https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2019/06/23/hector-cajaraville-carlos-castelao-constructores/2128629.html#cxrecs_



Premio Antón Losada Diéguez convócase anualmente desde 1985 polos concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense.
Prémianse obras publicadas no ano anterior de entre as presentadas a concurso polas editoriais. Hai dúas categorías: creación literaria e investigación. 

A graduación de cuarto de ESO no IES VAL DO TEA.

Os participantes de este ano do Val do Tea valoraron a súa  participación no proxecto e agradeceron a coordinación e ao profesorado o seu apoio e colaboración.
Dende a coordinación queremos tamén queremos agradecerlles a súa cooperación, entusiasmo e boa disposición.








sábado, 22 de xuño de 2019

SEGUNDO CONCURSO FOTOGRÁFICO


SEGUNDO CONCURSO FOTOGRÁFICO
CONVOCADO POLOS IES DE PONTEAREAS:
IES O Barral, IES Pedra da Auga e IES Val do Tea

(Aberto a todo o alumnado dos centros)



  • Que tedes que facer?

      • Sacar unha foto relacionada co Corpus, calqueira aspecto
      • Compartila por twitter co noso proxecto
    • https://twitter.com/TuamPonteareas (etiquétanos@TuamPonteareas)
      • Ou por Instagram, etiquetando a ErasmusTuamPonteareas (@iesbarral)
      • Identifica a túa foto co teu pseudónimo.
      • Manda un correo a tuamponteareas@gmail.com co teu nome completo, pseudónimo, dni, nome do teu instituto e foto coa que participas no concurso.

      • Data e hora límite: martes 25 de Xuño as 00.00 ( 12 da noite)

    • Como se elixirá a foto gañadora?
      • A foto que teña máis likes será a escollida OU
      • Un xurado formado por profesores dos centros
    • Cal será o premio?
      • Haberá tres premios 
        •  3 vales para unha comida para dúas persoas nun restaurante de Ponteareas
                                                                           ANÍMATE

    sábado, 15 de xuño de 2019

    Obradoiro de teatro

    Hoxe o alumnado participante no proxecto  recibirá unha materclass de teatro  por parte dos profesores da compañia  Ingravida do Porriño.
    Despois representarán a obra que foi escrita ao longo destes tres anos entre os alumnos irlandeses e galegos.
    Será  un exitazo....





    mércores, 12 de xuño de 2019

    Viaxe Transnacional de peche de proxecto

    Os pasados días 6,7,8 e 9 as coordinadoras do proxecto e a concelleira de Educación do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández estivemos en Tuam ( Irlanda) elaborando o informe final que recolle un resumo de todas as actividades desenrroladas e levadas a cabo durante estes tres anos.

    • valbape ponteareas erasmusplus

     A noticia foi recollida polos medios de prensa locais.

    http://ponteareas.gal/ponteareas-participa-na-reunion-transnacional-do-erasmus-en-dublin/?fbclid=IwAR0t-_f7Y6HtTG1mg-E4J04MP9VFXrPEND95LCciShYe9Oal0RIPHWIQb9c
    a O venres reunímonos con Miguel Losada en Tuam para falar da posibilidade de futuros proxectos.

    E tamén tivemos unha reunión con Adolfo Carbón asesor de Educación da Embaixada de España en Dublin, que nos animou moito a seguir co noso traballo.