venres, 1 de xuño de 2018

PRIMEIRO CONCURSO FOTOGRÁFICO CONVOCADO POLOS IES DE PONTEAREAS:


luns, 21 de maio de 2018

17 de Maio: Día Das Letras Galegas.

Este ano o Día das Letras Galegas foi adicado a Maria Victoria Moreno Márquez

Realización dunha alfombra floral

Obradoiro de Historia

Un dos temas elixídos neste curso como elemento común  foi a emigración. 

Cando os alumnos e alumnas galegos foron a Irlanda, A profesora de Historia propuxo unha presentación en Power Point para explicar o tema.

Primeiro achegou o contexto socioeconómico do país naquel momento concreto:
A situación do campesiñado irlandés que non era o propietario da terra e pagaba rendas aos terratenentes ingleses. A situación de monocultivo da pataca como case o único produto alimenticio da poboación rural que ademais empregaba case  unha soa variedade de pataca .
Tamén falou de cómo e cando chegou a Europa a praga  de Phytophthora infestans ( potato blight) e das distintas propostas do Goberno de Londres, que non tiveron efecto e agravaron cada vez máis a situación.
 O desastre demográfico xa estaba en marcha, e pouco se puido facer. Fame, enfermidades, tifus, disentería etc. e morte foron imparables.
A emigración foi parte da solución naqueles anos. Os que puideron marchar o fixeron, sobre todo a América e a Inglaterra. Irlanda perdía poboación por centos de miles a longo de poucos anos.
Neste  punto a profesora tamén centrouse nas dificultades destas persoas para conseguir os cartos necesarios xa que a grande maioría non tiñan propiedades, nin a terra nin a casa eran súas e moitos terratenentes os botaran fora ao non poder pagar con colleitas ou diñeiro.
Rematouse a clase cunha actividade cos alumnos onde cuns recortes que se lles facilitaron tiñan entre eles que debater sobre a situación social de fame e emigración. Estes papeis eran pequenos documentos que representaban a un personaxe do momento. Por exemplo, Charles Trevelyan, encargado do Tesouro del goberno británico ou ben  un campesiño deshauciado con varios fillos.

No IES VAL DO TEA o profesor de historia Adrián Barreiro e os alumnos e alumnas de cuarto tamén fixeron un estudio sobre as razóns que levaron a algúns ponteareans a emigrar e aos  paises onde emigraron. 
Este foi o Power Point que se elaborou e que foi presentado nas dúas linguas aos alumnos e alumnas irlandeses e galegos. 

Tamén presentaron un mapa interactivo que permitía situar a cada persoaxe no país ao que emigrou e o medio utilizado.

Finalmente se lles pediu aos alumnos e alumnas irlandeses e galegos que fixeran unha búsqueda por Internet sobre as semellanzas e diferenzas dos motivos que levaron aos dous pobos a emigrar. Este é o resultado do seu traballo conxunto. 







Obradoiro de Yogote

No IES Pedra da Auga realizouse unha actividade relacionada co Yogote dirixida polo profesor do centro Xabier Prado.

venres, 27 de abril de 2018

oitavo día

OITAVO DÍA: DESPEDIDA

 

 

 

 

Onte marcharon os rapaces que participaron no intercambio deste ano, xunto coas súas profesoras. 





Realizouse a entrega dos diplomas de participación no curso de galego, no que traballaron moi duro e ao que lle sacaron gran partido máis adiante.





Rematamos a semana entoando os himnos nacionáis nas respectivas língua. 







Xa subindo ao autobús, moitos choros e tristura. Pero como dixemos, ísto non é adeus, é ata logo!! 

mércores, 25 de abril de 2018

sétimo día

Sétimo día: Creatividade e Xogo en Equipo



Os rapaces estiveron hoxe traballando nunha parte do proxecto en pequenos grupos durante a mañá.





Tiveron que poñer a traballar a súa creatividade para obter un produto único.


Xa pola tarde, achegáronse ao campo de Paintball de Radiación, en Vigo, para ter un enfrentamento entre nacionalidades.



A batalla foi dura, e fixo falta moita estratexia e traballo en equipo. Finalmente, todo quedou nun empate entre ambos países, 3-3.
Pero o máis importante e que o pasaron en grande.


Mañá toca poñer fin a ésta experiencia.