mércores, 19 de outubro de 2016

Xornadas KA219 en Valencia


Os centros públicos do concello de Ponteareas participaron os días 10 e 11 de outubro nas III xornadas de formación inicial de proxectos de asociacións estratéxicas entre centros escolares (KA219) celebradas en Valencia e organizadas pola SEPIE dentro do marco Erasmus +.
Estas xornadas están inscritas dentro da formación necesaria para levar a cabo o proxecto concedido este curso aos tres centros de ensino medio de Ponteareas asociados co centro coordinador Archbishop McHale College de Tuam,CO. GalWay (Irlanda).
Os institutos Pedra de auga, Ponteareas e Val do Tea estiveron representados por tres profesoras que participaron en diversos obradoiros de formación nos cales se cubriron aspectos como a xestión do proxecto,as dinámicas de grupo ou as plataformas económicas e de resultados.
O proxecto entre Ponteareas e Tuam versa fundamentalmente sobre a situación de dúas linguas minoritarias , o galego e o irlandés ,así como a súa contextualización dentro da súa contorna inmediata.
Aspectos como a lingua, a música, as artes ou a historia entre outros serán tratados polo alumnado galego e irlandés ao longo dos tres anos de duración do proxecto.

sábado, 8 de outubro de 2016

ERASMUS PONTEAREAS -TUAM. Nota de prensa

Os medios de comunicación locais tamén se fixeron eco do noso encontro coas profesoras Irlandesas.




ERASMUS PONTEAREAS -TUAM.
Dende o 22 ata o 25 de setembro os centros de ensino secundario do concello de Ponteareas reciben a visita de dúas profesoras irlandesas . O motivo é a coordinación do proxecto Erasmus+ "Endangered Languages, Cultural Diversity and Integration in the EU of the XXI Century" que se desenvolverá entre os institutos Pedra de Auga, Ponteareas e Val do Tea co centro Archbishop McHale College de Tuam (Galway, Irlanda).
O proxecto terá unha duración de tres anos e desenvolverá entre outros temas a situación actual do gaélico e do galego na súa relación co inglés e o castelán respectivamente. Ademáis deste tema central, trataranse diversos aspectos de interese común en diferentes materias, como son a historia, cultura e tradicións (Sociais), as diversas formas artísticas desde os petroglifos ata hoxe (Plástica), a contorna natural (Bioloxía), a promoción internacional dos nosos recursos (Economía), etc.
Os traballos dos alumnos ao redor destes temas serán postos en común mediante videoconferencias mensuais por Skype, que serán aloxadas, xunto con toda a información elaborada, nunha páxina web adicada ao proxecto.
No inicio de cada curso escolar, 15 alumnos de Irlanda virán a Ponteareas (5 para cada IES) para pasar unha semana entre os seus colegas, e hacia finais de cada curso serán 15 alumnas e alumnos ponteareáns os que viaxarán a Irlanda para unha estancia dunha semana convivindo coas familias e participando nas actividades lectivas do centro irlandés.
Un dos resultados deste proxecto será a realización dun programa anual de TV que será emitido pola TVG e a TG4 (canle irlandés) no que alumnado galego e irlandés promocionarán os aspectos máis salientables das súas respectivas vilas, usando as linguas galega e gaélica simultaneamente. Na produción destes videos colaborarán profesorado e alumnado do CEIP Feliciano Barrera de Guláns.
De xeito paralelo, o sábado 24 terá lugar unha reunión de traballo de profesorado das escolas galegas pertencentes ao Plan de Escolas Asociadas da UNESCO (PEA-UNESCO) con profesorado da Escola Artística Profissional Árvore de Porto (Portugal) para deseñar conxuntamente unha proposta de traballo para o Ano Internacional do Entendemento Global (IYGU) na que poderá participar calquera dos 10.000 centros educativos de todo o mundo pertencentes á Rede PEA-UNESCO.

Nesta fin de semana, xa que logo, Ponteareas será un lugar de encontro para a elaboración de proxectos educativos internacionais.

Primeiro encontro Tuam - Ponteareas

Os pasados 22,23 e 24 de Setembro as profesoras Anne  e Kate viaxaron a Ponteareas para asistir ao primeiro encontro do noso proxecto.
As reunións tiveron lugar no IES Ponteareas e nas sede Social do Concello de Ponteareas, no cal fomos recibidos polo Sr Alcalde de Ponteareas D. Xosé Represas e a Concelleira de Cultura Dona Cristina Fernández.
As xornadas de traballo tiñan por obxecto intercambiar información sobre  os nosos Centros e sobre as persoas e departamentos implicados no proxecto.  
Tamén se estableceron as liñas  a seguir nesta primeira etapa, actividades e temas a tratar e comunicacións por SKYPE.
A base do noso proxecto e un dos puntos fortes é a comunicación entre os alumnos e alumnas nas linguas de estudio. Para contribuír a isto programouse  unha viaxe dos alumnos irlandeses a Ponteareas a principio de curso e outra viaxe en Maio dos alumnos Ponteareáns a Tuam ( Irlanda).
A viaxe dos alumn@s irlandeses está programada para do 13 ao 20 de Outubro de 2016, polo que nunha gran parte das sesións tratouse de cómo organizar a recepción dos alumn@s , que actividades culturais propoñerlles e como seleccionar as familias acolledoras.
Outra parte moi importante do noso proxecto é o intercambio cultural entre os dous países, de gran similitude pero con características individuais. Co fin de que as profesoras tivesen unha pequena idea da situación xeográfica, social e cultural da vila de Ponteareas e arredores programáronse tamén distintas visitas: Penedos, Troña, Mondariz , Vilasobroso, Rio  Miño and Portugal (Monçao, Valença, e Tui), Vigo e a Praia de Samil.

O encontro foi moi satisfactorio e frutífero xa que senta as bases da nosa futura colaboración; sentímonos moi ilusionad@s e che@s de enerxía para levar a cabo este ambicioso proxecto e estamos convencidos que será moi positivo para @s nos@s alumn@s e as súas familias, para os nosos centros e para os nosos países. 

martes, 20 de setembro de 2016

Presentación

Estas son as imaxes da presentación inicial do proxecto por parte do promotor, Miguel Losada Campa, presidente da Fundación Antón Losada Diéguez.




Videos previos

Froito das xestións feitas por Miguel Losada Campa, Presidente da Fundación Antón Losada Diéguez e Cónsul Honorario de Galicia en Galway, foi a produción de dous prototipos de videos nos que alumnado de primaria de Irlanda e de Galicia gravaron frases relativas a elementos de interese das súas localidades.
O novidoso destas gravacións é o feito de estar narradas en dúas línguas consecutivamente: Galego e Gaélico.

O video galego foi gravado grazas á colaboración do profesorado e alumnado do CEIP Feliciano Barrera de Guláns (Ponteareas), dirixidos pola profesora Alba Amoedo.

Video de Irlanda:


sábado, 17 de setembro de 2016

IES VAL DO TEA



           


You can also visit our official school web

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesvaldotea/

ARCHBISHOP McHALE in TUAM ( GALWAY) 


https://www.facebook.com/amctuam/

IES Pedra da Auga

 
Founded in 1979, IES Pedra da Auga was initially a Vocational School and it is now a mixed Secondary School with 60 teachers and 600 students (boys and girls). 
Nearly half of them get vocational training in Electricity, Automotion or Administration and the rest studies either ESO (Compulsory Secondary Education) or Bachalaureate in its Scientific, Technologic or Humanistic branches.
Since 1994 it belongs to the worldwide network of  the UNESCO-Associated Schools Program.
The school organizes all kind of activities to enhance the UNESCO-promoted values in its main study areas, and it has been promoting the use of international signs YoGoTe at international activities:
The school website offers lessons to approach any language from a set of 22 using YoGoTe signs as a learning tool.
After working with these lessons students take part at collective activities like a Multilingual Workshop or a  Global Market.

Presentation of the ERASMUS+ project.




mércores, 14 de setembro de 2016

3 2 1 Comeza a aventura!

No pasado mes de xuño 2015 recibimos a proposta do IES Archbishop McHale no Condado de Galway, Irlanda, para facer un proxecto conxunto no marco do programa europeo Erasmus + KA2.
A idea é promover o uso da lingua galega e do gaélico e, ao mesmo tempo dar a coñecer distintos aspectos da cultura galega específicos da zona de Ponteareas e Galway.

Neste proxecto participan centros educativos de primaria  CEIP Feliciano Barrera de Guláns, e secundaria IES Pedra da Auga, IES O Barral e  IES Val do Tea e organismos da zona  como o Concello de Ponteareas.

Trátase dun proxecto que se desenvolvería ao longo de 3 cursos e que foi aprobado no mes de Agosto  2016 pola Axencia Irlandesa Léargas.

Isto quere dicir que xa estamos en marcha.....