martes, 14 de febreiro de 2017

Algunhas das actividades propostas


Para os alumnos irlandeses se programou un curso de galego iniciación de dúas horas de martes a xoves ao que acudirán eles solos de 9:30 a 11.30 aproximadamente que se impartirá martes e xoves no Ies Val do Tea e o mércores no Ies O Barral.  Mentras os alumnos galegos asistirán ás súas clases en horario normal.

Despois os alumnos galegos e os irlandeses asistirán a clases mestras organizadas polos profesores de plástica dos distintos institutos: o tema de traballo son os petróglifos.

Polas tardes se realizarán distintas saídas didácticas  relacionadas co tema do proxecto, as que vos podes apuntar: Roteiro por Ponteareas ( 14/02) ; Troña, Castelo de Vilasobroso, Mondariz (15/02); Salvaterra, Monçao, Valença. ( 16/02); Oseira- Boborás- Pazo de Moldes- (Anton Losada Diéguez) –Ribadavia (17/02) Vigo ( 18/02) e Santiago( 19/02) .

A hora de programar todas estas actividades tratamos de combinar aspectos didacticos, culturais e lúdicos.  O obxectivo do proxecto e un intercambio educativo no que todos alumnos e profesores nos beneficiemos, lingüisticamente, culturalmente e socialmente.


 


Benvidos a Ponteareas!!! Fálite!

O luns 13 de Febreiro chegaron por fin os alumnos irlandeses. Nerviosos e expectantes estivemos alumnos e profesores do Ies O Barral, Ies Pedra da Auga e Ies Val do Tea agardando por eles no Concello de Ponteareas. 

Alí foron recibidos polo Sr. Alcalde D José Represas  e pola Concelleira de Educación Cristina Fernández que lles deron a benvida e un agasallo como recordo da súa estancia. 


Antes de saír cara o Centro Social onde se lles preparou un xantar fixemos unha fotos todos xuntos diante o Concello de Ponteareas.


E agora xa nos toca poñernos a traballar; despois do xantar acudiron aos distintos IES e fixeron unha pequena presentación sobre o seu colexio e sobre a súa rutina. 
E despois cada un xa foi coa súa familia acolledora onde tras cear disfrutaron dun desexado descanso tras unha viaxe tan longa. 

martes, 7 de febreiro de 2017


O alumnado do IES Pedra da Auga realizou un vídeo de presentación para os seus compañeiros de Tuam, Irlanda, para dar a coñecer o centro no que en breve pasarán uns días, compartindo actividades educativas e realizando viaxes culturais a distintas áreas do concello.