domingo, 24 de setembro de 2017

O video do IES VAL do TEA



As alumnas participantes no proxecto do IES VAL DO TEA elaboraron os guións e gravaron as imaxes para facer unha breve introdución ao centro.
Esta presentación levouse a Tuam na primeira viaxe.  
Moitas grazas polo voso traballo.

Na TG4

Na nosa estadía en Irlanda, participamos nun espazo televisivo da TG4 irlandesa.
Aquí nos tedes:



Estamos a preparar traballos colaborativos en Galego,  Irish Gaelic e Yogote, para tratar de acercarnos tanto as linguas como as culturas dos dous países.

Os cadernos de viaxe

Os cadernos de viaxe son unha forma de escoller as vivencias  do autor ou autora nunha viaxe. Pódese escribir  sobre experiencias,  aprendizaxe e  sentimentos. É unha colección de aventuras, historias, recordos e descubrimentos.  
Pedímoslles aos alumnos que  intentasen escribir algo todos os días, e tamén lles  animamos para que utilizasen a súa imaxinación. Houbo quen escribiu nun caderno e quen o fixo dixitalmente. Engadiron imaxes  e debuxos . Tamén as súas propias fotos, billetes de autobús, recibos, etc.