domingo, 21 de outubro de 2018

20 e 21 de Outubro

20 de Outubro

Hoxe nos imos as Illas Cies!

Fixemos o roteiro da Campa dirixidos por dúas guías que en Galego e Ingles foron explicando distintos aspectos da fauna e flora das illas.
O alumnado tomou nota e sacou fotos para contestar unha ficha elaborada pola profesora do IES Pedra de Auga.


Despois de xantar, algúns alumnos aproveitaron para meter os pés na auga e algún incluso se bañou!
Realmente o tempo foi moi bo.

A volta o alumnado disfrutou de tempo libre por Vigo  dando un paseo polo zona vella e por Ponteareas.



21 de Outubro

Hoxe o día comezou no Monte Tegra onde fixemos unha visita guida ao castro e aprendimos sobre a cultura castrexa e os petróglifos. Tamén fumos o museo.

Mais tarde, Vilanova da Cerveira, en Portugal, xantamos e visitamos o Aquario onde o guía nos falou da riqueza do rio Miño.


Rematamos o día cunha visita a Catedral de Tui e ao seu Claustro.


Primeiros días

18 de Outubro 2018

Por fin chegaron os nosos compañeiros irlandeses. A primeira actividade que fixemos foi a recepción no Concello de Ponteareas. O Sr Alcalde, Xosé Represas e varios concelleiros nos recibiron a entrada do Concello e logo fomos guíados a sala de plenos onde os alumnos e profesores irlandeses foron agasallados cunha bolsa con produtos locais e información sobre o concello.



Tras un breve paseo por Ponteareas o concello obsequiounos cunha cea de confraternización na Finca do Parrulo.





Despois da cea, os alumnos e alumnas irlandeses e galegos foron recollidos polos pais.

19 de Outubro

De 9.30 a 11.15 os alumnos irlandeses asisten ao cursillo de Galego impartido polos nosos profesores.

As 11.30 comezamos no Concello un roteiro por Ponteareas conducido por Sofia, a guía do concello e acompañada por alumnos que fan a vez de traductores simultáneos..


Despois dun xantar na cafetería do IES Val do Tea, un obradoiro de danza galega e irlandesa dirixido por Sara Bonner  que axudada polo seu grupo, púxonos a bailar a case todos!




Finalizamos o día coa participación no SERÁN MUSICAL organizado polo Equipo de Normalización do IES Val do Tea. Música, baile, e comida. Que máis se pode pedir!










mércores, 17 de outubro de 2018

Horario das actividades 2018


ENDANGERED LANGUAGES, CULTURAL DIVERSITY AND INTEGRATION IN THE EU OF THE XXI CENTURY



Xoves 18
Venres 19
Sábado 20
Domingo 21

Chegada

16.20
A Santiago
Curso de Galego IES Val do Tea

9-11
Bus saída para Vigo 9:00
Illas
Cies
Barco saida 10.45

Bus saída
9.30
Tegra
A Garda

Bus a Ponteareas

Recepción
Visita Guiada a Ponteareas
Roteiro en Gl/ Engl
Guía concello
Roteiro polas Illas

Vilanova de Cerveira
(Portugal)
18:30 – 19:00 Recepción no Concello de Ponteareas
Xantar  no Ies Val do Tea
Xantar Picnic
Xantar libre

Cea  no Parrulo
Concello de Ponteareas

21:00
Obradoiro de Baile Galego e Irlandés
Sara Bonner
16.30
Paseo polo Casco Vello de Vigo / zona comercial
Acuario de Vilanova
14:00

Serán Musical
Normalización
Ies Val do Tea
A Laxe / Principe / ou Gran Via
Visita a Catedral de Tui e ao Claustro
17.00
Casa acolledora
Casa acolledora
Casa acolledora
Casa acolledora




Luns 22
Martes 23
Mércores 24
Xoves 25

Curso de Galego IES Val do Tea

9-11
Curso de Galego IES
Do Barral
9-11
Despedida e entrega de  diplomas
Museo do Pobo Galego

10.00 

Obradoiro de Yogote
Obradoiro de elaboración da alfombra
Concello
Saída para Santiago
Lixeiro xantar
Monte do Gozo
Baixada a pe
Poema Yogote
Xantar  Ies Pedra de Auga
Visita a Granxa
13.00 a 14.00
Xantar libre
Subida ao aeroporto

Obradoiro de Gaitas

16.30
Xantar  Ies do Barral
Visita a Catedral e ao casco vello
Despedida
Regreso a Ponteareas
19.00
Visita ao CMUS de Ponteareas
Visita a Vilasobroso

Xantar nas Cancelas
Saída para Dublin 17.00
Senda  Botánica
Guía concello
Roteiro nocturno
Casa acolledora
Casa acolledora
Hostel en Santiago


luns, 2 de xullo de 2018

CURSO 2018- 2019

PRIMEIROS PASOS 

Tras a sesión informativa realizada nos distintos IES unha parte do alumnado manifestou o seu interese polo proxecto.  En  Septembro volverémos a contactar con todos e invitarémos tamen as familias para confirmar a participación.
As datas da primeira viaxe do intercambio son do 18 ao 25 de Outubro ( xoves a xoves), nas que o alumnado galego recibiría na súa familia a un rapaz ou rapaza irlandés.
Ao longo do curso, o alumnado  deberá participar nunha serie de actividades que se proporán dende a coordinación do proxecto.
O compromiso co proxecto é serio e dura todo o curso. Comprendémos que é un traballo extra para os rapaces pero a experiencia en sí é única e moi enriquecedora, tanto a nivel académico como persoal.

Aqueles alumnos e alumnas que reciban o visto bo das súas familias, deberán escribir un correo electrónico a seguinte dirección tuam.ponteareas@gmail.com indicando:

  • nome completo, 
  • email de contacto,
  • centro ao que asisten 
A primeira das actividades que debedes realizar é a lectura dun libro sobre Irlanda:





A continuación debedes realizar un pequeno video no que -en inglés- 

  • resumir o contido do libro,
  • falar de aquilo que mais vos chamou a atención ( aspectos históricos e culturais) 
  • similitudes coa cultura galega.
A duración do vídeo non será inferior a un minuto.

DATA LIMITE DE ENVÍO:   31 de Agosto de 2018

Animádevos a participar!!!

Resumo de actividades do curso 2017 - 2018

Moitas grazas a Aida, Jacobo, Pablo e Jorge

do IES VAL DO TEA 

2018 


xoves, 28 de xuño de 2018



IMPACTO ERASMUS + 2017-2018




O alumnado participante no Intercambio neste curso que rematou fixo unha profunda reflexión sobre cómo impactou neles, na súa contorna e nas súas familias a experiencia vivida. 

Picade no enlace para poder visualizar os seus pensamentos sobre o mesmo!



PRESENTACIÓN DO PROXECTO AOS TERCEIROS

Presentación do proxecto aos grupos de terceiro

Os alumnos que participaron no intercambio no curso 2017-2018 ofreceron unhas charlas aos seus compañeiros para que coñezan de primeira man as súas experiencias neste programa.
Fixéronse moitas preguntas, respostáronse moitas curiosidades y foi unha gran posta en común.

IES PEDRA DA AUGA






IES VAL DO TEA











IES O Barral











martes, 26 de xuño de 2018

Gañadores concurso fotografía Corpus 2018


As participantes do IES Pedra da Auga coas súas fotografías


A gañadora recibe o seu premio de mans dunha compañeira
Este ano o xurado decidiu facer unha mención especial a foto seleccionada en segundo lugar. 
Ao gañador foille entregado o premio na Gala de Graduación de Cuarto do Ies Val do Tea, celebrada onte  27 de Xunio no Auditorio Municipal de Pontearas. 
Moitas grazas a todas e todos por participar.
Esperámosvos o curso que ven!!!


venres, 1 de xuño de 2018

PRIMEIRO CONCURSO FOTOGRÁFICO CONVOCADO POLOS IES DE PONTEAREAS:


luns, 21 de maio de 2018

17 de Maio: Día Das Letras Galegas.

Este ano o Día das Letras Galegas foi adicado a Maria Victoria Moreno Márquez


Aquí podedes ver algunha das fotos das actividades feitas nos nosos centros, coordinadas polos DEPARTAMENTOS DE GALEGO e OS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN 
Unha exposición sobre Maria Victoria Moreno, Pintado de camisetas e Elaboración dun Mural