luns, 29 de abril de 2019

Viaxe a Tuam 2019

Presentación da viaxe aos pais


30 / 04 / 2019 
Preparados para sair de Ponteareas......


Os pais e nais que foron a despedir aos seus fillos.....



Esperando en Oporto





Iogote e o noso proxecto

Durante estes tres anos os distintos participantes no proxecto aprenderon Iogote co profesor Xabier Prado. 



Iogote é un sistema de comunicación xestual que lle permite a unha persoa comunicarse con outra  persoa de distintas lingua .
Estes son a distintas paxinas onde se recolle parte do seu traballo. 

https://sites.google.com/view/irgalyogote/home

https://sites.google.com/site/yogotelangles/galego

O profesor Xabier Prado é o  encargado de dinamizar as actividades de iniciación mutua entre as linguas galega e irlandesa usando estos  xestos internacionais como ferramenta didáctica.

Na nosa visita a Tuam, o alumnado galego tentará amosar os resultados acadados despois de teren practicado dúas leccións das 6 que constitúen os materiais producidos durante a duración do proxecto.
Estes materiais consisten nunha serie de apps para móviles, descargables gratuitamente mediante códigos QR, e  nas que calquera pode achegarse á lingua irlandesa desde a galega mediante videos realizados polo alumnado de Ponteareas (en galego) e de Tuam (en irlandés).
As características destas apps permiten, ao mesmo tempo, que alumnado irlandés poida realizar o mesmo achegamento en sentido inverso, é dicir, partindo do irlandés iniciarse no galego.


 Nos seguintes enlaces pódese acceder aos códigos QR para descargar a Lección 1 (<https://sites.google.com/site/yogotelangles/l1>presentacións) xunto cun pequeno video explicativo do manexo da app, e á Lección 2<https://sites.google.com/site/yogotelangles/l2> (compras e ventas).

Estas apps están sendo creadas por profesorado dos centros participantes.
Levan practicando ditas apps unha hora semanal desde o comezo do ano co alumnado galego participante no proxecto, e algúns resultados poden ser vistos en breves videos grabados durante o traballo coa Lección 1 <https://sites.google.com/site/yogotelangles/l2/dialogs_l2> e coa Lección 2.<https://sites.google.com/site/yogotelangles/l2/dialogs_l2>

Estes materiais estarán disponibles para os outros proxectos de colaboración entre escolas galegas e irlandesas, como un dos resultados desta primeira colaboración. 



Presentación e entrega das cartas

Hoxe na reunión de preparación da viaxe a Tuam foron presentadas as cartas elaboradas polos integrantes do proxecto e polos profesores Yvonne e Alberto.




Alberto explicou como utilizar as cartas cos compañeiros irlandeses, por un lado temos a expresión en galégo e por outro en irlandés. 
O Concello de Ponteareas colaborou con Proxecto financiando a impresión das cartas.

Déuselles a cada alumn@ un grupo de cartas para que as empreguen cos seus compañeiros irlandeses e llas dean as profesoras irlandesas.