domingo, 22 de abril de 2018

Terceiro Día: Visita a Santiago



O alumnado viaxou ate Santiago de Compostela para ver a Catedral de Santiago e coñecer a conexión entre Galicia e Irlanda, relacionada coa emigración forzosa de xefes de diferentes clans Irlandeses no século XVII, tras a final conquista da illa por Inglaterra.






Da man de Suso Martínez, o noso guía, os rapaces coñeceron algún retazos desta historia que xa nos unira anteriormente.





A continuación visitamos a Escola polo interior, onde pudemos ver o claustro no que os rapaces que acudían á clase traballaban na súa língua, a pesares de estar aquí exiliados.



A figura de San Patricio e os cánticos da historia.








Despois de xantar, tiveron tempo para percorrer as rúas pola súa conta, fotografando lugares que lles pareceron singulares.


Ningún comentario:

Publicar un comentario