luns, 23 de abril de 2018

Cuarto Día

Cuarto Día: Visita a Tui y Valença


Hoxe traballamos pola mañán nun taller de Historia realizado no IES Val do Tea, no que o alumnado lles presentou aos compañeiros Irlandeses o resultado dun estudo que firexon sobre emigración na zona de Ponteareas no século XX, así como una visual xeral deste fenómeno en toda Galicia.


Xa pola tarde, viaxaron ata Tui para coñecer a catedral. Os seus compañeiros Galegos fixéronlles una pequeña explicación dos datos máis relevantes deste lugar.


Despois dixeron adéus temporalmente á Galiza para cruzar a fronteira cara Portugal, onde visitaron a Valença e puideron admirar a beleza do río Miño baixo un sol abafante.






Ningún comentario:

Publicar un comentario