venres, 11 de outubro de 2019

Agradecementos


Unha vez mais temos que agradecer a todos e todas  o apoio para que esta celebración fose posible.
Grazas ao alumnado, profesorado, a Cristina, concelleira de Educación por apoiarnos e xestionarnos a utilización do Auditorio e a  A Miguel Bouzó que veu representando o Concello, a Verónica e ao Faro de Vigo, a Amparo, a Emilio que veu coas súas cámaras a gravarnos, a Alex de Ingrávida que dirixiu os nosos actores e actrices e elaborou o a obra que acabades de ver, a Escola de Arte de Ponteareas que fixo o tráiler da curta para que puidésemos  ter un adianto do que están a facer co guión elaborado no primeiro ano, a  Cristina de Que mas ver que estivo editando e montando o vídeo de difusión.

En xeral a toda a comunidade educativa,o profesores colaboradores e en particular a  Alvaro, Miguel e Rebecca como directores e directora dos Ies son os  últimos responsables de todo o que fixemos e estamos a facer.

Rematamos o acto animando   aos asistentes unha vez máis a participar nas actividades, proxectos e plans que lles ofrezan, Proxectos Erasmus nos IES, intercambios na universidade, cursos no estranxeiro, calquera destas actividades que lles poda axudar a mellorar os seus coñecementos, traxectoria profesional pero sobre todo a mellorar como persoas.

Graciñas a todos.
Os coordinadores do proxecto.

2 comentarios:

  1. Grazas a vós todas-os polo exemplo dado, como Vila e comunidade e como Seres Humanos. Aupa Ponteareas e Aupa Galiza Sempre!

    ResponderEliminar