luns, 15 de xullo de 2019

O LIBRO: MÁIS ALA DO VALOR


ENDANGERED LANGUAGES, CULTURAL DIVERSITY AND INTEGRATION IN THE EU OF THE XXI CENTURY
Un dos obxectivos dos proxectos Erasmus + e traballar entre semellantes de outros países para aprender colaborando e cooperando entre profesores e alumnos.
A base do traballo colaborativo é a de compartir coñecemento, desenvolver e implementar enfoques metodolóxicos para profesorado e alumnado e reforzar as habilidades básicas.
Na proposta do proxecto falouse dunha elaboración dun vídeo que resumise o espírito do proxecto.
Dende o primeiro momento comezamos a traballar nesta idea.
No  primeiro ano 2016-2017 baixo a coordinación do profesorado Irlandés e Galego, elaboráronse as lineas argumentativas da historia e esbozaronse as personaxes.
A historia basease en lendas e tradicións tanto irlandesas, o heroe Cuchulain e galegas como Santa Compaña.

No segundo ano 2017-2018 partido do traballo inicial seguiron desenvolvendo o argumento en Irlanda e as personaxes e escenarios en Ponteareas.
O método de traballo empregado foi o seguinte, o alumnado repartiuse en grupos de irlandeses e galegos,  e as instrucións foron dadas polo profesado de galego: Alberto e Uxía e as profesoras irlandesas,  Anne Marie e Siofra o primeiro ano e Ivonne e Deirdre no segundo ano.
Primeiro presentaron a idea, logo falaron un pouco do folclore galego e irlandés, a seguir pedíronlles que en grupos escribiran en líneas xerais que ocorría na historia, mediante votación elixiuse os mellores e logo entre todos outra vez desenvolveron a historia e debuxaron as personaxes como eles as imaxinaron.
No segundo ano partiuse da historia previa e desenvolveuse, expandindo a historia e engadindo unha maior caracterización aos personaxes.
E finalmente no terceiro ano 2018-2019 a coordinación decidiu elaborar un libro co material dos dous anos anteriores, e representalo teatralmente, polo que os alumnos memorizaron o texto e o representaron baixo a dirección de Alejandro Sobrino de Ingrávida no Porriño.
Este libro foi presentado na feira do libro de Ponteareas o pasado venres 12 de Xullo, grazas unha vez mais a colaboración do Concello de Ponteareas e as súas representantes Cristina e Hortensia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario