domingo, 21 de outubro de 2018

Primeiros días

18 de Outubro 2018

Por fin chegaron os nosos compañeiros irlandeses. A primeira actividade que fixemos foi a recepción no Concello de Ponteareas. O Sr Alcalde, Xosé Represas e varios concelleiros nos recibiron a entrada do Concello e logo fomos guíados a sala de plenos onde os alumnos e profesores irlandeses foron agasallados cunha bolsa con produtos locais e información sobre o concello.



Tras un breve paseo por Ponteareas o concello obsequiounos cunha cea de confraternización na Finca do Parrulo.





Despois da cea, os alumnos e alumnas irlandeses e galegos foron recollidos polos pais.

19 de Outubro

De 9.30 a 11.15 os alumnos irlandeses asisten ao cursillo de Galego impartido polos nosos profesores.

As 11.30 comezamos no Concello un roteiro por Ponteareas conducido por Sofia, a guía do concello e acompañada por alumnos que fan a vez de traductores simultáneos..


Despois dun xantar na cafetería do IES Val do Tea, un obradoiro de danza galega e irlandesa dirixido por Sara Bonner  que axudada polo seu grupo, púxonos a bailar a case todos!




Finalizamos o día coa participación no SERÁN MUSICAL organizado polo Equipo de Normalización do IES Val do Tea. Música, baile, e comida. Que máis se pode pedir!










Ningún comentario:

Publicar un comentario