APRENDENDO LINGUAS:
YOGOTE
Os alumnos dos tres IES de Ponteareas estiveron traballando na elaboración duns videos e a creación dunha app para facilitar a aprendizaxe de idiomas, neste caso do Galego e do Gaélico.
O obxectivo principal desta actividade é aprender unha lingua descoñecida utilizando unha linguaxe xestual onde as mans e o corpo toman protagonismo, linguaxe YOGOTE.
Na próxima visita do alumnado Irlandés a Ponteareas, realizarase un obradoiro onde os rapaces poderán poñer en común todo o aprendido e ir máis aló, da man do creador desta lingua, Xabier Prado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario