xoves, 27 de febreiro de 2020

Un pouco de historia

Esta curta é o resultado da colaboración entre profesores e alumnado galego e irlandés durante o proxecto.
Partido dunha clase cultural acerca das lenda irlandesa de Cuchulain e da galega da Santa Compaña, pediuselles aos participantes do primero ano que, en grupos, elaborasen as bases dunha historia que unise ambas historias. De ahí saiu a historia de Maruxa e Cuchulain.


Publicada anteriormente neste blog.

Os participantes do Segundo ano, foron desenvolvendo  a historia, engadindo persoaxes e escenarios.  Posteriormente elaborouse un guión baseado na historia e debuxos que complementaban a historia.

Co guión A Escola de Arte elaborou a curta animada, obxectivo inicial do Proxecto.








Unha vez mais agradecemos a vosa participación e colaboración.





mércores, 26 de febreiro de 2020

Presentación da Curta: Maruxa e Cuchulain contra a Santa Campaña


O próximo día 28 de Febreiro na Sala de Plenos do Concello de Ponteareas as 5.30 terá lugar a presentación pública da curta realizada pola Escola deArte de Ponteareas baseada no guión escrito polo alumnado participante no noso proxecto Erasmus +.








Estades todos convidados!!!!

luns, 24 de febreiro de 2020

Video resumen proxecto Erasmus+ "Endangered Languages, Cultural Diversity and Integration in the EU of the XXI Century"

A productora Que Mas Ver, Cristina e Emilio fixéron esta reportaxe, recollendo as opinións e valoracións de moitos dos participantes no noso Erasmus+. Ademáis, este é un video que resume parte da nosa actividade durante estes tres anos.


Moitas grazas a todas e todos.

Que opinan os nosos alumnos e alumnas da súa participación no Proxecto?
Aquí tedes outra pequena mostra.




Made with Padlet