mércores, 25 de setembro de 2019

Dia Europeo das Linguas




Obxectivos:  Sensibilizar sobre a importancia da aprendizaxe de idiomas para aumentar o multilingüismo e a comprensión intercultural,  Promover a importancia da diversidade lingüística e cultural en Europa,  Promover a aprendizaxe permanente de idiomas dentro e fóra da escola

xoves, 19 de setembro de 2019

ERASMUS DAY



O próximo 11 de Outubro queremos celebrar un ERASMUS DAY no IES do Barral, para difundir o proxecto no que traballamos ao longo destes tres anos (2016-2019) e para elo precisamos do voso permiso e colaboración.


En que consiste a proposta?
ERASMUS DAY

Os #ErasmusDays son un evento flexible, adaptado a cada axencia nacional e a cada participante Erasmus +. A idea é comunicar e difundir en proxectos Erasmus + en dous días específicos para ser visibles por cidadáns, profesionais, medios e responsables políticos.
OBXECTIVO
Testimoniar e promover a nosa experiencia.
Divulgar o noso proxecto

    "UN ERASMUS EN CONJUNTO: IES DO BARRAL, IES PEDRA DA AUGA E IES VAL DO TEA"

martes, 10 de setembro de 2019

Video sobre o noso Erasmus






Hoxe convocamos a concelleira de Educación, profesores e alumnado dos tres IES de Ponteareas para a gravación dun vídeo informativo acerca do noso proxecto. 


O obxectivo deste vídeo é dar a coñecer o noso proxecto, os seus produtos e resultados.

Como nas outras veces todos colaboraron entusiasticamente polo que unha vez máis dende a coordinación lles damos as grazas polo seu apoio e colaboración.