luns, 15 de xullo de 2019

O LIBRO: MÁIS ALA DO VALOR


ENDANGERED LANGUAGES, CULTURAL DIVERSITY AND INTEGRATION IN THE EU OF THE XXI CENTURY
Un dos obxectivos dos proxectos Erasmus + e traballar entre semellantes de outros países para aprender colaborando e cooperando entre profesores e alumnos.
A base do traballo colaborativo é a de compartir coñecemento, desenvolver e implementar enfoques metodolóxicos para profesorado e alumnado e reforzar as habilidades básicas.
Na proposta do proxecto falouse dunha elaboración dun vídeo que resumise o espírito do proxecto.
Dende o primeiro momento comezamos a traballar nesta idea.
No  primeiro ano 2016-2017 baixo a coordinación do profesorado Irlandés e Galego, elaboráronse as lineas argumentativas da historia e esbozaronse as personaxes.
A historia basease en lendas e tradicións tanto irlandesas, o heroe Cuchulain e galegas como Santa Compaña.

No segundo ano 2017-2018 partido do traballo inicial seguiron desenvolvendo o argumento en Irlanda e as personaxes e escenarios en Ponteareas.
O método de traballo empregado foi o seguinte, o alumnado repartiuse en grupos de irlandeses e galegos,  e as instrucións foron dadas polo profesado de galego: Alberto e Uxía e as profesoras irlandesas,  Anne Marie e Siofra o primeiro ano e Ivonne e Deirdre no segundo ano.
Primeiro presentaron a idea, logo falaron un pouco do folclore galego e irlandés, a seguir pedíronlles que en grupos escribiran en líneas xerais que ocorría na historia, mediante votación elixiuse os mellores e logo entre todos outra vez desenvolveron a historia e debuxaron as personaxes como eles as imaxinaron.
No segundo ano partiuse da historia previa e desenvolveuse, expandindo a historia e engadindo unha maior caracterización aos personaxes.
E finalmente no terceiro ano 2018-2019 a coordinación decidiu elaborar un libro co material dos dous anos anteriores, e representalo teatralmente, polo que os alumnos memorizaron o texto e o representaron baixo a dirección de Alejandro Sobrino de Ingrávida no Porriño.
Este libro foi presentado na feira do libro de Ponteareas o pasado venres 12 de Xullo, grazas unha vez mais a colaboración do Concello de Ponteareas e as súas representantes Cristina e Hortensia.

Productos presentados na Feria do Libro: TODO SOBRE PONTEAREAS

En qué consistiu esta actividade? 

Obxectivo  
·         Coñecer o nosa vila e contorna para despois explicarllo aos nosos compañeiros irlandeses.
·         Familiarizarse coa historia de Ponteareas.
·         Valorar os vestixios de outras épocas
Instruccións para os alumnado

}  Partindo dun texto en galego enviado pola biblioteca do concello.
}  Tes que completalo con información propia ou reescribilo.
}  Tes que traducilo texto ao Inglés.
}  Tes que engadirlle fotos propias ou orixinais.
}  Tes que reenvialo ao correo do proxecto

Posta en práctica
·         Elaboración dun PowerPoint coa información e material recollidos.
·         Elaboración e presentación do mapa de Ponteareas .
·         Durante os intercambios:
o   Visitas culturais: 
§  Roteiro por Ponteareas.
§  Visita ao Museo Arqueolóxico e Biblioteca.
§  Visita ao xacementos e petróglifos da contorna.
§  Visita ao Castelo de Vilasobroso, museo e senda.



All about Ponteareas /
 Todo sobre Ponteareas 




Productos presentados na feira do libro










domingo, 14 de xullo de 2019

Na Feira do libro en Ponteareas

O venres fixemos unha presentación de alguns dos productos do proxecto  que estamos a piques de rematar.











Entre os ponentes había alumnado dos tres centros de Ponteareas e do centro irlandés que nos soprenderon coa  súa  visita.

Entre outras cousas falaron da súa participación no proxecto, da súa experiencia e da implicación.
Os do primeiro ano tamén falaron do impacto.

Foi unha experiencia moi interesante que rematamos cunha comida nun  coñecido restaurante da vila.

sábado, 6 de xullo de 2019

Postais recibidas dende Tuam













O alumnado Irlandés tamén nos mandou as súas postais.

Algunhas actividades realizadas este curso

















































Antes de coñecernos a Coordinación Irlandesa en Tuam pediunos que deseñásemos  unhas postais para presentarnos ao alumnado Irlandés. Aquí tede unha mostra das postais que foron enviadas a Tuam.



Velaquí un video resumindo as actividades realizadas durante este curso: