Feliz Noite de Samain
xoves, 31 de outubro de 2019
xoves, 24 de outubro de 2019
sábado, 12 de outubro de 2019
Presentación de outro Erasmus
"Somos un grupo informal de jóvenes de España. Nuestra misión es facilitar el desarrollo personal de los jóvenes a través de explorar la
conciencia de uno mismo, la expresión personal y la relación con la naturaleza.
Uno de nuestros objetivos es proporcionar oportunidades de movilidad (intercambios juveniles y cursos de formación) a jóvenes y trabajadores juveniles en educación no formal, en el marco del programa europeo Erasmus+"
https://www.facebook.com/xuventudeverde/
venres, 11 de outubro de 2019
Agradecementos
Unha vez mais
temos que agradecer a todos e todas o apoio para que esta celebración fose posible.
Grazas ao alumnado, profesorado, a Cristina,
concelleira de Educación por apoiarnos e xestionarnos a utilización do Auditorio
e a A Miguel Bouzó que veu representando o
Concello, a Verónica e ao Faro de Vigo, a Amparo, a Emilio que veu coas súas cámaras a gravarnos, a
Alex de Ingrávida que dirixiu os nosos actores e actrices e elaborou o a obra
que acabades de ver, a Escola de Arte de Ponteareas que fixo o tráiler da curta
para que puidésemos ter un adianto do
que están a facer co guión elaborado no primeiro ano, a Cristina de Que mas ver que estivo editando e
montando o vídeo de difusión.
En xeral a toda
a comunidade educativa,o profesores colaboradores e en particular a Alvaro, Miguel e Rebecca como directores e
directora dos Ies son os últimos
responsables de todo o que fixemos e estamos a facer.
Rematamos o
acto animando aos asistentes unha vez máis a participar nas
actividades, proxectos e plans que lles ofrezan, Proxectos Erasmus nos IES,
intercambios na universidade, cursos no estranxeiro, calquera destas
actividades que lles poda axudar a mellorar os seus coñecementos, traxectoria
profesional pero sobre todo a mellorar como persoas.
Graciñas a
todos.
Os
coordinadores do proxecto.
Por fin chegou o día !!
DIFUSIÓN ERASMUS DAY
Comezamos definindo o programa Erasmus e contextualizando o
Erasmus Day.Despois explicamos como xurdiu este proxecto da proposta que D. Miguel Losada fixo aos tres institutos de Ponteareas ( Ies do Barral, Ies Pedra da Auga e Ies Val do Tea) e o centro educativo Archbishop McHale College,situado en Tuam ( Irlanda).
Repasamos en que consistiu o noso Erasmus e cales foron os seus obxectivos e como para cumprir cos obxectivos planificáronse diversas actividades de ensinanza e aprendizaxe, culturais e sociais.
O Concelleiro da Xuventude, Miguel Bouzó falou no nome do Concello e fixo unha reflexión sobre a relevancia deste Erasmus.
Entre as actividades de ensinanza aprendizaxe destacan o estudo das linguas obxecto do proxecto, como o Curso Básico de Lingua Galega para os estudantes irlandeses e a linguaxe de signos YOGOTE que foi desenvolvida en Galego, Castelán , Irlandés e Inglés.
Xabier Prado do IES PEDRA DE AUGA.
Finalmente, presentamos varios vídeos resumen do feito durante estes anos, dos que falaremos na seguinte entrada.
Rematamos o acto coa actuación de dúas pandereteiras Nuria Gesteira e Lucía Pérez Groba.
Compre resaltar
que todo isto é unha pequena parte resultado do noso traballo conxunto ..
xoves, 10 de outubro de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)