DIFUSIÓN ERASMUS DAY
Comezamos definindo o programa Erasmus e contextualizando o
Erasmus Day.Despois explicamos como xurdiu este proxecto da proposta que D. Miguel Losada fixo aos tres institutos de Ponteareas ( Ies do Barral, Ies Pedra da Auga e Ies Val do Tea) e o centro educativo Archbishop McHale College,situado en Tuam ( Irlanda).
Repasamos en que consistiu o noso Erasmus e cales foron os seus obxectivos e como para cumprir cos obxectivos planificáronse diversas actividades de ensinanza e aprendizaxe, culturais e sociais.
O Concelleiro da Xuventude, Miguel Bouzó falou no nome do Concello e fixo unha reflexión sobre a relevancia deste Erasmus.
Entre as actividades de ensinanza aprendizaxe destacan o estudo das linguas obxecto do proxecto, como o Curso Básico de Lingua Galega para os estudantes irlandeses e a linguaxe de signos YOGOTE que foi desenvolvida en Galego, Castelán , Irlandés e Inglés.
Xabier Prado do IES PEDRA DE AUGA.
Finalmente, presentamos varios vídeos resumen do feito durante estes anos, dos que falaremos na seguinte entrada.
Rematamos o acto coa actuación de dúas pandereteiras Nuria Gesteira e Lucía Pérez Groba.
Compre resaltar
que todo isto é unha pequena parte resultado do noso traballo conxunto ..
Ningún comentario:
Publicar un comentario