Amosando publicacións coa etiqueta YOGOTE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta YOGOTE. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de abril de 2018

Segundo día en Ponteareas 2018


SEGUNDO DÍA EN PONTEAREAS




O alumnado que participa no intercambio tivo hoxe o seu primeiro día no curso de Galego. Aprenderon expresións básicas que utilizarán nestos días.

Despois acudiron ao IES Pedra da Auga para recibir un taller de Yogote, impartido por Xabier Prado. Os rapaces aprenderon a lingua uns dos outros utilizando como apoio ésta língua de xestos.




A continuación, tomaron un xantar no centro.


E xa pola tarde visitaron o Castro de Troña e a Pedra dos Namorados baixo o sol case abrasador!







Mañán máis!







mércores, 11 de abril de 2018

YOGOTE

APRENDENDO LINGUAS:

YOGOTE

 

Os alumnos dos tres IES de Ponteareas estiveron traballando na elaboración duns videos e a creación dunha app para facilitar a aprendizaxe de idiomas, neste caso do Galego e do Gaélico.

O obxectivo principal desta actividade é aprender unha lingua descoñecida utilizando unha linguaxe xestual onde as mans e o corpo toman protagonismo, linguaxe YOGOTE.

Na próxima visita do alumnado Irlandés a Ponteareas, realizarase un obradoiro onde os rapaces poderán poñer en común todo o aprendido e ir máis aló, da man do creador desta lingua, Xabier Prado.