Terceiro día en Ponteareas
Visita á Illa de San Simón
O alumnado que participa no Erasmus+ realizou hoxe sábado 21 unha visita á Illa de San Simón, posto que se están e estiveron a traballar aspectos relacionados coa emigración e coa lingua neste segundo ano.
Da man de dous guías aprenderon a historia da pequeña illa que se atopa no estuario de Vigo e puideron entender a importancia que a mesma tivo no seu momento e o importante que é manter a memoria da historia desta illa como hospital, prisión e horfanato.
Tamén puideron pasear polos hoxe preciosos xardíns e descubrir o que se facía nos mesmos na época da dictadura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario