Benvida do Concello ao alumnado de Tuam
2017-2018
Hoxe chegaron a Ponteareas dende Tuam os alumnos e profesores que participarán en diversas actividades dentro do marco do programa Erasmus+ de tres anos que os tres centros públicos de secundaria están levando a cabo. Foron recibidos no Concello polo Alcalde e a Concelleira de Educación.
O alumnado participante foi agasallado cunha comida conxunta de benvida no restaurante O Parrulo, así coma cuns detalles que fan referencia á vila que veñen a coñecer.
Despois de meses de espera, puideron atoparse e retomar o contacto máis directo. Están listos para traballar nas diversas actividades que os centros teñen preparadas, así coma outras nas que o propio Concello vai ter parte. Esperemos que aprendan e disfruten. E que o tempo os acompañe!
Ningún comentario:
Publicar un comentario