Aquí deixamos unhas fotografías da viaxe, así como da primeira fin de semana en Irlanda. Despois de acudir a un evento oficial en Tuam, pasaron o sábado na Illa de Arán, e o domingo en Connemara, escalando Diamond Hill. Esperamos que disfrutasen moito.
luns, 13 de novembro de 2017
Novas de Tuam
Aquí deixamos unhas fotografías da viaxe, así como da primeira fin de semana en Irlanda. Despois de acudir a un evento oficial en Tuam, pasaron o sábado na Illa de Arán, e o domingo en Connemara, escalando Diamond Hill. Esperamos que disfrutasen moito.
venres, 10 de novembro de 2017
martes, 7 de novembro de 2017
A nosa history de como Cú Chulain e Maruxa se coñeceron
Maruxa and Cú chulain de teteg662
Para saber mais de Cu Chulain
https://gl.wikipedia.org/wiki/C%C3%BA_Chulainn
Para saber mais de Cu Chulain
https://gl.wikipedia.org/wiki/C%C3%BA_Chulainn
Viaxe a Irlanda Novembro 2017
VIAXE A IRLANDA NOVEMBRO 2017
Deixamos aqui a PPT utilizada na sesión informativa cos pais, nais e alumnado que vai participar na primeira parte do intercambio co Archibishop McHale de Tuam.
Deixamos aqui a PPT utilizada na sesión informativa cos pais, nais e alumnado que vai participar na primeira parte do intercambio co Archibishop McHale de Tuam.
Segunda visita Transnacional - Tuam 2017
Seguimos este curso 2017- 2018 co
noso proxecto
ENDANGERED LANGUAGES, CULTURAL
DIVERSITY AND INTEGRATION IN THE EU OF THE XXI CENTURY
e como primeira activade programada fixemos unha
visita transnacional a Tuam.
Nesta visita coñecemos a nova coordinadora do proxecto pola parte Irlandesa,
Deirdre, e reunímonos con varias profesoras para decidir que temas imos tratar
neste ano, fútbol gaélico, emigración e moitas cousas máis.
Tamén nos reunimos con Miguel Losada e coa directora do centro.
Ademais, planificamos as datas nas que o alumnado viaxará a Tuam e cando
eles viran a Ponteareas.
Como sempre, disfrutamos moito da
viaxe e fomos moi ben recibidas.
Nesta visita coñecemos a nova coordinadora do proxecto pola parte Irlandesa, Deirdre, e reunímonos con varias profesoras para decidir que temas imos tratar neste ano, fútbol gaélico, emigración e moitas cousas máis.
Tamén nos reunimos con Miguel Losada e coa directora do centro.
luns, 9 de outubro de 2017
All about Ireland
Se ademais o queres escoitar ...
Este ano pedímoslles aos participantes no proxecto que lean este libro e que fagan un video resumo do mesmo, comentando aquelas cousas que máis vos chamaron a atención e buscando similitudes con Galicia.
Tedes ata o día 18 de Outubro as 24.00 para mandar o voso traballo.
( atención ampliouse o prazo ata o mércores)
Moitas grazas.
CURSO 2016-2017 Segundo Ano do Proxecto
Comezamos.....este ano con moitos maís alumnos e alumnas participantes. Esperamos aprender moito ..... e traballar disfrutando do Galego e do Gaélico. Facer amigos e amigas novas e mellorar a comunicación nas distintas linguas.
Benvidos
Fáilte
domingo, 24 de setembro de 2017
O video do IES VAL do TEA
As alumnas participantes no proxecto do IES VAL DO TEA elaboraron os guións e gravaron as imaxes para facer unha breve introdución ao centro.
Esta presentación levouse a Tuam na primeira viaxe.
Moitas grazas polo voso traballo.
Na TG4
Na nosa estadía en Irlanda, participamos nun espazo televisivo da TG4 irlandesa.
Aquí nos tedes:
Estamos a preparar traballos colaborativos en Galego, Irish Gaelic e Yogote, para tratar de acercarnos tanto as linguas como as culturas dos dous países.
Aquí nos tedes:
Estamos a preparar traballos colaborativos en Galego, Irish Gaelic e Yogote, para tratar de acercarnos tanto as linguas como as culturas dos dous países.
Os cadernos de viaxe
Os cadernos de
viaxe son unha forma de escoller as vivencias
do autor ou autora nunha viaxe. Pódese escribir sobre experiencias, aprendizaxe e
sentimentos. É unha colección de aventuras, historias, recordos e
descubrimentos.
Pedímoslles aos
alumnos que intentasen escribir algo
todos os días, e tamén lles animamos
para que utilizasen a súa imaxinación. Houbo quen escribiu nun caderno e quen o
fixo dixitalmente. Engadiron imaxes e
debuxos . Tamén as súas propias fotos, billetes de autobús, recibos, etc.
domingo, 9 de xullo de 2017
Presentación do proxecto para os alumnos de 3 ESO no IES VAL DO TEA
O pasado 23 de
Xuño Carmen, Gemma , Carla e Yolanda
fixeron unha presentación para os seus compañeiros e compañeiras de Terceiro de
ESO.
Usando unha presentación de PowerPoint como base, explicaron en que consiste o proxecto, cales
son os seus obxectivos e as actividades que fixeron ao longo do curso.
Falaron sobre as actividades que fixeron ao longo do curso, a súa experiencia como
familia acolledora, sobre a viaxe a Tuam,
e sobre a importancia que tivo o proxecto no estudio das linguas.
Carla, ademais, fixo as fotos.
Despois da presentación 26 alumnos e alumnas de terceiro manifestaron o seu interés por participar no proxecto o curso que ven.
mércores, 21 de xuño de 2017
Hoxe, no IES Pedra da Auga, os cinco alumnos que participaron no Erasmus + deste primeiro ano resolveron as dúbidas dos seus compañeiros de terceiro, que serán os beneficiarios do mesmo no ano vindeiro (2016-2019).
Recordaron as experiencias vividas cos compañeiros Irlandeses, así como o que máis lles gustou desta experiencia única.
Recordaron as experiencias vividas cos compañeiros Irlandeses, así como o que máis lles gustou desta experiencia única.
xoves, 18 de maio de 2017
luns, 15 de maio de 2017
Illas de Aran
Nesta fin de semana visitamos as illas de Aran. Como podedes ver, acompañounos o tempo
Porén, a mellor compañía seguen sendo as amizades
Porén, a mellor compañía seguen sendo as amizades
venres, 12 de maio de 2017
DE VIAXE A IRLANDA
Xa estamos de viaxe a Irlanda...
Aínda que había ameaza de neve, chegamos a salvo
E xa nos tedes traballando...
Aínda que había ameaza de neve, chegamos a salvo
E xa nos tedes traballando...
Curso de lingua galega para falantes de gaélico
No seo do proxecto Erasmus+ que estamos a desenvolver, a lingua galega e gaélica ocupa a cerna do noso traballo. Por este motivo, os estudantes dunha beira e outra do Atlántico afondan nas dúas realidades lingüísticas dun xeito práctico.
Eis un exemplo práctico do noso traballo
Os cursos de inmersión lingüística e mais a elaboración de materiais para os mesmos tiveron boa acollida por parte das amigas irlandesas. O interese amosado encheunos de ledicia.
Eis un exemplo práctico do noso traballo
Os cursos de inmersión lingüística e mais a elaboración de materiais para os mesmos tiveron boa acollida por parte das amigas irlandesas. O interese amosado encheunos de ledicia.
xoves, 11 de maio de 2017
Alfombra floral de Rosalía
O concello de Ponteareas pediunos unha colaboración para a revista Pregón. Desta maneira, no número deste ano aparecerá un artigo sobre a confección dunha alfombra floral realizada na estadía dos/as estudantes irlandeses/as na nosa terra.
No texto damos conta dos detalles da súa confección, así como tamén da experiencia tan satisfactoria que tivemos. Aquí nos tedes mans á obra.
No texto damos conta dos detalles da súa confección, así como tamén da experiencia tan satisfactoria que tivemos. Aquí nos tedes mans á obra.
mércores, 10 de maio de 2017
STOP MOTION NO IES VAL DO TEA
Según a WIKIPEDIA o Stop motion ou parada de imaxe é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas.Son animacións creadas tomando imaxes directamente da realidade.
Segundo o tipo de material utilizado nos modelos da animación, pódense distinguir dous tipos de stop motion: a que utiliza modelos creados a partir de materiais maleables como plastilina ou arxila e que recibe o nome de claymation, e as que utilizan figuras ou modelos feitos con materiais ríxidos.
Neste obradoiro o alumnado fixo motivos de petróglifos con plastilina que despois foron fotografados e gardadas no ordenador. Finalmente co programa o profesor Xoan Carlos elaborou unha pequena película resultante do traballo.
Unha vez máis grazas pola colaboración do profesorado e do alumnado.
O VERDE FENDEDOR E MOLDES por MIGUEL LOSADA
O Pazo de Tizón en
Moldes-Boborás é o corazón da ancestral Cultura Galega e se entendemos A
Cultura como o principal froito dunha organización colectiva, inevitablemente
significa as esencias e a alma mesma do Pobo Galego. Un pobo que leva habitando
esa parte do Planeta desde moito antes dos primeiros rexistros históricos ata a
súa configuración territorial definitiva co Emperador Augusto no 19 a.C.
Cando se fala de
1921, a Xeración Nós e Don Vicente Risco, Don Ramón Otero Pedrayo, Don
Florentino López Cuevillas, Don Antón Losada Diéguez e Don Alfonso Daniel
Rodríguez Castelao a miña opinión é irrelevante, sempre me aproximei a eles
como un alumno a un profesor. Si podo dicir que tiven a sorte de ter acceso á
súa correspondencia privada, conservada en mutitud de manuscritos en Moldes e
que desde moi neno desenvolvín un "pequeno xogo" que curiosamente
agora empeza a dar os seus froitos. Sempre me fascinou, por exemplo, saber que
os membros da Xeración Nós utilizaban nomes falsos nas súas cartas por medo a
que estas fosen interceptadas..que
pasaba, pasou e pasaría por aí fóra naqueles tempos é outra conversación que
nunca debe ser esquecida e como tal traspasada ás novas xeracións.
Recordo moi
ben, porque así o teño apuntado, que foi un 4 de Agosto de 1981, mentres no
salón nobre desenvolvíase unha "importantísima reunión" con múltiples
representantes da vida política e cultural galega, eu daquela tiña tan só nove
anos, que me coei e encerrei ás agachadas no despacho do meu avó e copiei a
primeira carta entre el, Castelao e Risco- algo que en teoría "non se podía facer baixo Pena de
morte". Unha copia desa copia desa carta foi
entregada, xa nos
anos 90, aos descendentes dos mencionados insignes galeguistas e de aí xurdiu
unha preciosa amizade que se prolonga ata os nosos días. Ese precedente de
"entrar ás furtadelas e roubar Historia de Galicia copiando
correspondencia" converteuse nun hábito que me levou a coñecer as orixes,
pobos, xenealoxía, viaxes, dificultades e alegrías de todas e cada unha das familias
e descendentes dos arriba mencionados.
Como tal
Conversación e Explicación e máis aló da fermosura lírica da nosa lingua debe
ser dito que o Ser Galego está dotado dunha conexión singular e única co Medio.
O verde fendedor, a imensa variedade da nosa biodiversidade e o mar son os
verdadeiros acenos de identidade de Galicia, un non pode ser entedido sen o
outro. Como consecuencia hai unha explicación e unha maneira de entender e
explicar A Vida a través do traballo, a cultura e sobre todo, o caracter
pacífico e nunca belixerante do Pobo Galego. Ese carácter pacífico do Ser
Galego, non entendido como unha opción política ou organizativa senón derivado
de ser unha colectividade altamente culta e creativa en todas e cada unha das
esferas e profesións das Ciencias do
Saber, é o que a xeración Nós e os que a fundaron transmitiron á miña xeración
e o que eu sinto debe ser transmitido á xeración vindeira para que non se perda
A Explicación E A Conversación...moi
especialmente nestes tempos de Cambio Climático onde a biodiversidade galega
está máis ameazada que nunca do mesmo xeito que todas as demais ao longo do
noso Planeta, de novo e oxalá por última vez, debe usarse Esa Explicación E Esa
Conversación.
Esa Explicación E
Conversación levoume a millóns de lugares, persoas, personaxes, pasaxes e
paisaxes...sempre coa Cultura Galega como "causa litigandi". Sen ir
máis lonxe onte despráceme a Balbriggan, County Dublín coa miña boa amiga
Sinead Muldoon de Tuam, que acaba de ser nai do seu quinto fillo, e realicei
unha presentación ante 30 pais de alumos e 5 profesores na recentemente aberta
e inaugurada escola de fala gaélica
Coláiste Ghlór na Mara. Como consecuencia 30 alumnos irlandeses e 30
galegos, neste caso de Ribadavia, commenzarán xuntos en setembro deste ano un
proxecto de investigación en lingua galega e gaélica financiado pola U.E sobre o seu pasado medieval común e seguirán
os vosos pasos visitando Moldes en breve.
Finalmente e o máis
importante de todo, outro elemento de Moldes é por suposto a Igrexa de San Mamede
coa súa Cruz Vermella que nos remite directamente aos Cabaleiros Templarios e a
toda a historia anterior á fundación de España; ás migracións desde Terra Santa
e algo que nunca debe ser esquecido: a
expulsión do Pobo Xudeu con oferta de permanencia de converterse ao
Catolicismo. Todos estes anos conservei un crucifixo de non máis de 20x7
cm cunha bocha de cristal inserida
secretamente no seu interior. O contido desa bocha de cristal: unha mostra de
terra do Monte das Oliveiras con 2017 anos de antiguedad. Como chegou ao min e
quen ma deu é algo que virá á tumba comigo. E falando de tumbas, en San Mamede
está enterrado o meu pai, o meu avó e
imaxínome, se Serbia ou Australia non din outra cousa, a un servidor tamén se lle fará un huequiño
en breve.
Espero disfruteis
da visita e non olvideis que antes de Neil Armstrong xa había un galego na Lúa
explicándolle ao Presidente Kennedy por que un irlandés nunca debería haber
elixido a Lyndon Baines Johnson como compañeiro de viaxe.
mércores, 3 de maio de 2017
ACTIVIDADES FEITAS POLOS ALUMNOS DURANTE A VISITA
ENDANGERED
LANGUAGES, CULTURAL DIVERSITY AND INTEGRATION IN THE EU OF THE XXI CENTURY
Data
|
Actividades pola maña
|
Comida
|
Actividades pola tarde - noite
|
|
13 / 02 Luns
|
Chegada dos alumnos
irlandeses 10.25
(Hora Portuguesa )
|
Recepción do Concello 13:00
13:30 / 14:00 Comida no
Centro Social
|
Clases de Tarde
|
|
|
|
14:40
|
16:00 – 19:00
|
|
14/02
Martes
|
Curso de Galego
( 2-3 )
Ies Val do Tea
|
Clases & obradoiros
Light painting
|
Ies Pedra de Auga
|
Visita Cultural
Roteiro por
Ponteareas
|
15/02
Mér
|
Curso de Galego
( 2-3 )
Ies O Barral
|
Clases & workshops
Arte floral
|
Ies O Barral
|
Visita Cultural
Troña e Castillo de Vilasobroso ; Mondariz
|
16/02
Xoves
|
Curso de Galego
( 2-3 )
Ies O Barral
|
Clases & obradoiros
Stop Motion
|
Ies Val do Tea
|
Visita Cultural
Salvaterra-
Monçao-
Valença-
|
17/02
Ven
|
Yogote
Ies Val do Tea
|
Clases & obradoiros
Escritura dun guión en
Irlandés e Galego
|
Pizzeria Piccola
|
Visita Cultural
Oseira- Borborás – Pazo
Antón Losada Diéguez
|
18/02
Sáb
|
Excursión a Vigo
|
Visita ao Monte da Guía
Visita ao Casco Vello
E a Praia de Samil
|
Centro Comercial Gran Via.
Tempo libre
|
|
19/02
Dom
|
Excursión a Santiago
|
Visita a la Catedral de
Santiago e ao Casco Vello
|
Xantar no Canceleiro
|
|
20/02
Luns
|
Marcha dos alumnos e
alumnas irlandeses
|
10:45 Hora portuguesa
|
|
martes, 2 de maio de 2017
LIGHTPAINT
Aquí temos o resultado do traballo conxunto dos alumnos dos tres centros de Ponteareas e os alumnos do Archbishop McHale realizado nunha das actividades enmarcadas no proxecto Erasmus durante a súa visita en Febreiro.
Centráronse no elemento común dos petroglifos e realizaron unha actividade innovadora coñecida como "lightpaint", na que debuxaron distintos motivos con luces de cores, para montar a continuación o seguinte video.
Moitas grazas á profesora de Educación Plástica e Visual do IES Pedra da Auga, onde se fixo a actividade, que foi a promotora desta actividade! E a todos os profesores que colaboraron coa supervisión!
Pasárono xenial!
Etiquetas:
Erasmus,
lightpaint,
Pedra da Auga,
Petroglifos
Localización:
Ponteareas, Pontevedra, España
martes, 14 de febreiro de 2017
Algunhas das actividades propostas
Para os alumnos
irlandeses se programou un curso de galego iniciación de dúas horas de martes a
xoves ao que acudirán eles solos de 9:30 a 11.30 aproximadamente que se
impartirá martes e xoves no Ies Val do Tea e o mércores no Ies O Barral. Mentras os alumnos galegos asistirán ás súas
clases en horario normal.
Despois os
alumnos galegos e os irlandeses asistirán a clases mestras organizadas polos
profesores de plástica dos distintos institutos: o tema de traballo son os
petróglifos.
Polas tardes se realizarán distintas saídas
didácticas relacionadas co tema do
proxecto, as que vos podes apuntar: Roteiro por Ponteareas ( 14/02) ; Troña,
Castelo de Vilasobroso, Mondariz (15/02); Salvaterra, Monçao, Valença. (
16/02); Oseira- Boborás- Pazo de Moldes- (Anton Losada Diéguez) –Ribadavia
(17/02) Vigo ( 18/02) e Santiago( 19/02) .
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)