Os cadernos de
viaxe son unha forma de escoller as vivencias
do autor ou autora nunha viaxe. Pódese escribir sobre experiencias, aprendizaxe e
sentimentos. É unha colección de aventuras, historias, recordos e
descubrimentos.
Pedímoslles aos
alumnos que intentasen escribir algo
todos os días, e tamén lles animamos
para que utilizasen a súa imaxinación. Houbo quen escribiu nun caderno e quen o
fixo dixitalmente. Engadiron imaxes e
debuxos . Tamén as súas propias fotos, billetes de autobús, recibos, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario