O Pazo de Tizón en
Moldes-Boborás é o corazón da ancestral Cultura Galega e se entendemos A
Cultura como o principal froito dunha organización colectiva, inevitablemente
significa as esencias e a alma mesma do Pobo Galego. Un pobo que leva habitando
esa parte do Planeta desde moito antes dos primeiros rexistros históricos ata a
súa configuración territorial definitiva co Emperador Augusto no 19 a.C.
Cando se fala de
1921, a Xeración Nós e Don Vicente Risco, Don Ramón Otero Pedrayo, Don
Florentino López Cuevillas, Don Antón Losada Diéguez e Don Alfonso Daniel
Rodríguez Castelao a miña opinión é irrelevante, sempre me aproximei a eles
como un alumno a un profesor. Si podo dicir que tiven a sorte de ter acceso á
súa correspondencia privada, conservada en mutitud de manuscritos en Moldes e
que desde moi neno desenvolvín un "pequeno xogo" que curiosamente
agora empeza a dar os seus froitos. Sempre me fascinou, por exemplo, saber que
os membros da Xeración Nós utilizaban nomes falsos nas súas cartas por medo a
que estas fosen interceptadas..que
pasaba, pasou e pasaría por aí fóra naqueles tempos é outra conversación que
nunca debe ser esquecida e como tal traspasada ás novas xeracións.
Recordo moi
ben, porque así o teño apuntado, que foi un 4 de Agosto de 1981, mentres no
salón nobre desenvolvíase unha "importantísima reunión" con múltiples
representantes da vida política e cultural galega, eu daquela tiña tan só nove
anos, que me coei e encerrei ás agachadas no despacho do meu avó e copiei a
primeira carta entre el, Castelao e Risco- algo que en teoría "non se podía facer baixo Pena de
morte". Unha copia desa copia desa carta foi
entregada, xa nos
anos 90, aos descendentes dos mencionados insignes galeguistas e de aí xurdiu
unha preciosa amizade que se prolonga ata os nosos días. Ese precedente de
"entrar ás furtadelas e roubar Historia de Galicia copiando
correspondencia" converteuse nun hábito que me levou a coñecer as orixes,
pobos, xenealoxía, viaxes, dificultades e alegrías de todas e cada unha das familias
e descendentes dos arriba mencionados.
Como tal
Conversación e Explicación e máis aló da fermosura lírica da nosa lingua debe
ser dito que o Ser Galego está dotado dunha conexión singular e única co Medio.
O verde fendedor, a imensa variedade da nosa biodiversidade e o mar son os
verdadeiros acenos de identidade de Galicia, un non pode ser entedido sen o
outro. Como consecuencia hai unha explicación e unha maneira de entender e
explicar A Vida a través do traballo, a cultura e sobre todo, o caracter
pacífico e nunca belixerante do Pobo Galego. Ese carácter pacífico do Ser
Galego, non entendido como unha opción política ou organizativa senón derivado
de ser unha colectividade altamente culta e creativa en todas e cada unha das
esferas e profesións das Ciencias do
Saber, é o que a xeración Nós e os que a fundaron transmitiron á miña xeración
e o que eu sinto debe ser transmitido á xeración vindeira para que non se perda
A Explicación E A Conversación...moi
especialmente nestes tempos de Cambio Climático onde a biodiversidade galega
está máis ameazada que nunca do mesmo xeito que todas as demais ao longo do
noso Planeta, de novo e oxalá por última vez, debe usarse Esa Explicación E Esa
Conversación.
Esa Explicación E
Conversación levoume a millóns de lugares, persoas, personaxes, pasaxes e
paisaxes...sempre coa Cultura Galega como "causa litigandi". Sen ir
máis lonxe onte despráceme a Balbriggan, County Dublín coa miña boa amiga
Sinead Muldoon de Tuam, que acaba de ser nai do seu quinto fillo, e realicei
unha presentación ante 30 pais de alumos e 5 profesores na recentemente aberta
e inaugurada escola de fala gaélica
Coláiste Ghlór na Mara. Como consecuencia 30 alumnos irlandeses e 30
galegos, neste caso de Ribadavia, commenzarán xuntos en setembro deste ano un
proxecto de investigación en lingua galega e gaélica financiado pola U.E sobre o seu pasado medieval común e seguirán
os vosos pasos visitando Moldes en breve.
Finalmente e o máis
importante de todo, outro elemento de Moldes é por suposto a Igrexa de San Mamede
coa súa Cruz Vermella que nos remite directamente aos Cabaleiros Templarios e a
toda a historia anterior á fundación de España; ás migracións desde Terra Santa
e algo que nunca debe ser esquecido: a
expulsión do Pobo Xudeu con oferta de permanencia de converterse ao
Catolicismo. Todos estes anos conservei un crucifixo de non máis de 20x7
cm cunha bocha de cristal inserida
secretamente no seu interior. O contido desa bocha de cristal: unha mostra de
terra do Monte das Oliveiras con 2017 anos de antiguedad. Como chegou ao min e
quen ma deu é algo que virá á tumba comigo. E falando de tumbas, en San Mamede
está enterrado o meu pai, o meu avó e
imaxínome, se Serbia ou Australia non din outra cousa, a un servidor tamén se lle fará un huequiño
en breve.
Espero disfruteis
da visita e non olvideis que antes de Neil Armstrong xa había un galego na Lúa
explicándolle ao Presidente Kennedy por que un irlandés nunca debería haber
elixido a Lyndon Baines Johnson como compañeiro de viaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario