mércores, 10 de maio de 2017
STOP MOTION NO IES VAL DO TEA
Según a WIKIPEDIA o Stop motion ou parada de imaxe é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas.Son animacións creadas tomando imaxes directamente da realidade.
Segundo o tipo de material utilizado nos modelos da animación, pódense distinguir dous tipos de stop motion: a que utiliza modelos creados a partir de materiais maleables como plastilina ou arxila e que recibe o nome de claymation, e as que utilizan figuras ou modelos feitos con materiais ríxidos.
Neste obradoiro o alumnado fixo motivos de petróglifos con plastilina que despois foron fotografados e gardadas no ordenador. Finalmente co programa o profesor Xoan Carlos elaborou unha pequena película resultante do traballo.
Unha vez máis grazas pola colaboración do profesorado e do alumnado.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario