Amosando publicacións coa etiqueta Erasmus. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Erasmus. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de abril de 2018

Reunión previa á visita do alumnado Irlandés no marco do Erasmus+ Tuam- Irlanda


Tuam - Ponteareas. Abril 2018



Hoxe ás 16:30 tivo lugar no IES Val do Tea a reunión cos pais, nais e alumnos alumnos que acollerán na nosa vila ao alumnado do Archbishop McHale, de Tuam.
Os representates dos tres centros implicados ( IES Barral, IES Pedra da Auga e IES Val do Tea) explicáronlles a todos os asistentes as actividades tanto académicas como culturáis que terán lugar en Ponteareas e arredores dende o 19 de Abril ata o 26, e tamén se resolveron as dúbidas que foron xurdindo.
Xa temos o reloxo coa conta atrás!


martes, 2 de maio de 2017


LIGHTPAINT

Aquí temos o resultado do traballo conxunto dos alumnos dos tres centros de Ponteareas e os alumnos do Archbishop McHale realizado nunha das actividades enmarcadas no proxecto Erasmus durante a súa visita en Febreiro.

Centráronse no elemento común dos petroglifos e realizaron unha actividade innovadora coñecida como "lightpaint", na que debuxaron distintos motivos con luces de cores, para montar a continuación o seguinte video. 

Moitas grazas á profesora de Educación Plástica e Visual do IES Pedra da Auga, onde se fixo a actividade, que foi a promotora desta actividade! E a todos os profesores que colaboraron coa supervisión!

Pasárono xenial!