sábado, 23 de marzo de 2019

Reto Irlandés



Busca as respostas as seguintes cuestións:
  1. Canta xente fala Irlandés a diario en Irlanda?
  2. Canta xente dixo que era capaz de falar Irlandés no último censo?
  3. O irlandés é unha lingua Celta. Que outras linguas celtas coñeces?
  4. Que é Gaeltacht ?
  5. Cantas áreas ou rexións hai en Irlanda? Noméaas.
Abre unha conta con Duolinguo. Rexístrate para aprender Irlandés. Ponte o reto de estudar Irlandés 5 minutos o día. Manda unha foto dos teus Ingalots.
Debes completar os Básicos 1,2, 3 & 4.



Como se di en Irlandés?
Ola!
Como te chamas?
O meu nome é________________
Encantado de coñecerte.
Cantos anos tes?
Onde vives?
Eu vivo en España
Gústame Ed Sheeran.
Non me gusta One Direction.
Conversación
Utiliza o aprendido para facer un diálogo con outro alumno. Ensaia varias veces e logo fai un pequeno vídeo coa conversa. Mándallo a túa profesora.

Con todos os vídeos faremos unha mostra para publicar no blogue do proxecto. 

xoves, 3 de xaneiro de 2019

Willie Clancy

Os nosos colegas irlandeses propuxéronnos buscar e traballar a Willie Clancy  


                                             










Felices Festas

Dende a coordinación do proxecto FELICES FESTAS 

Biain nua sásta - 2019

Resumo das actividades realizadas


Velaquí tedes un resumo das actividades organizadas pola coordinación do proxecto e realizadas nos Ies de Ponteareas,  coa colaboración  do alumnado, profesorado e o Concello de Ponteareas

                                   












domingo, 21 de outubro de 2018

20 e 21 de Outubro

20 de Outubro

Hoxe nos imos as Illas Cies!

Fixemos o roteiro da Campa dirixidos por dúas guías que en Galego e Ingles foron explicando distintos aspectos da fauna e flora das illas.
O alumnado tomou nota e sacou fotos para contestar unha ficha elaborada pola profesora do IES Pedra de Auga.


Despois de xantar, algúns alumnos aproveitaron para meter os pés na auga e algún incluso se bañou!
Realmente o tempo foi moi bo.

A volta o alumnado disfrutou de tempo libre por Vigo  dando un paseo polo zona vella e por Ponteareas.



21 de Outubro

Hoxe o día comezou no Monte Tegra onde fixemos unha visita guida ao castro e aprendimos sobre a cultura castrexa e os petróglifos. Tamén fumos o museo.

Mais tarde, Vilanova da Cerveira, en Portugal, xantamos e visitamos o Aquario onde o guía nos falou da riqueza do rio Miño.


Rematamos o día cunha visita a Catedral de Tui e ao seu Claustro.


Primeiros días

18 de Outubro 2018

Por fin chegaron os nosos compañeiros irlandeses. A primeira actividade que fixemos foi a recepción no Concello de Ponteareas. O Sr Alcalde, Xosé Represas e varios concelleiros nos recibiron a entrada do Concello e logo fomos guíados a sala de plenos onde os alumnos e profesores irlandeses foron agasallados cunha bolsa con produtos locais e información sobre o concello.



Tras un breve paseo por Ponteareas o concello obsequiounos cunha cea de confraternización na Finca do Parrulo.





Despois da cea, os alumnos e alumnas irlandeses e galegos foron recollidos polos pais.

19 de Outubro

De 9.30 a 11.15 os alumnos irlandeses asisten ao cursillo de Galego impartido polos nosos profesores.

As 11.30 comezamos no Concello un roteiro por Ponteareas conducido por Sofia, a guía do concello e acompañada por alumnos que fan a vez de traductores simultáneos..


Despois dun xantar na cafetería do IES Val do Tea, un obradoiro de danza galega e irlandesa dirixido por Sara Bonner  que axudada polo seu grupo, púxonos a bailar a case todos!




Finalizamos o día coa participación no SERÁN MUSICAL organizado polo Equipo de Normalización do IES Val do Tea. Música, baile, e comida. Que máis se pode pedir!