20 de Outubro
Hoxe nos imos as Illas Cies!
Fixemos o roteiro da Campa dirixidos por dúas guías que en Galego e Ingles foron explicando distintos aspectos da fauna e flora das illas.
O alumnado tomou nota e sacou fotos para contestar unha ficha elaborada pola profesora do IES Pedra de Auga.
Despois de xantar, algúns alumnos aproveitaron para meter os pés na auga e algún incluso se bañou!
Realmente o tempo foi moi bo.
A volta o alumnado disfrutou de tempo libre por Vigo dando un paseo polo zona vella e por Ponteareas.
21 de Outubro
Hoxe o día comezou no Monte Tegra onde fixemos unha visita guida ao castro e aprendimos sobre a cultura castrexa e os petróglifos. Tamén fumos o museo.
Mais tarde, Vilanova da Cerveira, en Portugal, xantamos e visitamos o Aquario onde o guía nos falou da riqueza do rio Miño.
Rematamos o día cunha visita a Catedral de Tui e ao seu Claustro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario