18 de Outubro 2018
Por fin chegaron os nosos compañeiros irlandeses. A primeira actividade que fixemos foi a recepción no Concello de Ponteareas. O Sr Alcalde, Xosé Represas e varios concelleiros nos recibiron a entrada do Concello e logo fomos guíados a sala de plenos onde os alumnos e profesores irlandeses foron agasallados cunha bolsa con produtos locais e información sobre o concello.
Tras un breve paseo por Ponteareas o concello obsequiounos cunha cea de confraternización na Finca do Parrulo.
Despois da cea, os alumnos e alumnas irlandeses e galegos foron recollidos polos pais.
19 de Outubro
De 9.30 a 11.15 os alumnos irlandeses asisten ao cursillo de Galego impartido polos nosos profesores.
As 11.30 comezamos no Concello un roteiro por Ponteareas conducido por Sofia, a guía do concello e acompañada por alumnos que fan a vez de traductores simultáneos..
Despois dun xantar na cafetería do IES Val do Tea, un obradoiro de danza galega e irlandesa dirixido por Sara Bonner que axudada polo seu grupo, púxonos a bailar a case todos!
Finalizamos o día coa participación no SERÁN MUSICAL organizado polo Equipo de Normalización do IES Val do Tea. Música, baile, e comida. Que máis se pode pedir!
Ningún comentario:
Publicar un comentario