Dende mediados do
século XIX a xente de Ponteareas cubre
as principais rúas da vila con petalos e flores a noite previa a celebración do
Corpus Christi.
Estas alfombras
son produto de moito traballo a longo de todo o ano; as tarefas se distribúen
entre os participantes, elaboración de debuxos
e planeillas, os nenos repasan os debuxos, recolleita de moitas clases de flores
e outros elementos vexetais: follas, árnica, coca de eucalipto e fiúncho para
perfilar os debuxos.
Toda a vila
participa na elaboración das alfombras e o resultado é cada vez máis
impresionante. Non é de estrañar, pois, que sexa unha festa de interese
nacional.
Por todo isto,
tratamos de incluír na visita dos nosos compañeiros irlandeses a elaboración
dunha alfombra floral, porque simboliza o resultado dun traballo e esforzo
común e representa un elemento cultural típico de Ponteareas e galego.
A través da
concelleira de Educación, Cristina, contactamos cun tapiceiro que nos ensinou
como se fan as alfombras e logo dirixiu aos alumnos e alumnas no seu traballo.
Este foi o
resultado. Ata o Faro de Vigo se fixo eco da elaboración desta preciosa
alfombra!
Ningún comentario:
Publicar un comentario