Cando os alumnos e alumnas galegos foron a Irlanda, A profesora de Historia propuxo unha presentación en Power Point para explicar o tema.
Primeiro achegou
o contexto socioeconómico do país naquel momento concreto:
A situación do
campesiñado irlandés que non era o propietario da terra e pagaba rendas aos
terratenentes ingleses. A situación de
monocultivo da pataca como case o único produto alimenticio da poboación rural
que ademais empregaba case unha soa
variedade de pataca .
Tamén falou de cómo e cando
chegou a Europa
a praga de Phytophthora infestans ( potato blight) e das distintas propostas do Goberno de Londres, que non tiveron efecto e agravaron cada vez máis a situación.
O desastre demográfico xa estaba en marcha, e pouco se puido
facer. Fame, enfermidades, tifus, disentería etc. e morte foron imparables.
A emigración foi
parte da solución naqueles anos. Os que puideron marchar o fixeron, sobre todo
a América e a Inglaterra. Irlanda perdía poboación por centos de miles a longo
de poucos anos.
Neste punto a profesora tamén centrouse nas
dificultades destas persoas para conseguir os cartos necesarios xa que a grande
maioría non tiñan propiedades, nin a terra nin a casa eran súas e moitos
terratenentes os botaran fora ao non poder pagar con colleitas ou diñeiro.
Rematouse a clase
cunha actividade cos alumnos onde cuns recortes que se lles facilitaron tiñan
entre eles que debater sobre a situación social de fame e emigración. Estes
papeis eran pequenos documentos que representaban a un personaxe do momento.
Por exemplo, Charles Trevelyan, encargado do Tesouro del goberno británico ou
ben un campesiño deshauciado con varios
fillos.
No IES VAL DO TEA o profesor de historia Adrián Barreiro e os alumnos e alumnas de cuarto tamén fixeron un estudio sobre as razóns que levaron a algúns ponteareans a emigrar e aos paises onde emigraron.
Este foi o Power Point que se elaborou e que foi presentado nas dúas linguas aos alumnos e alumnas irlandeses e galegos.
Tamén presentaron un mapa interactivo que permitía situar a cada persoaxe no país ao que emigrou e o medio utilizado.
Finalmente se lles pediu aos alumnos e alumnas irlandeses e galegos que fixeran unha búsqueda por Internet sobre as semellanzas e diferenzas dos motivos que levaron aos dous pobos a emigrar. Este é o resultado do seu traballo conxunto.
Tamén presentaron un mapa interactivo que permitía situar a cada persoaxe no país ao que emigrou e o medio utilizado.
Finalmente se lles pediu aos alumnos e alumnas irlandeses e galegos que fixeran unha búsqueda por Internet sobre as semellanzas e diferenzas dos motivos que levaron aos dous pobos a emigrar. Este é o resultado do seu traballo conxunto.
Despois desta actividade, no IES do Barral visitaron unha exposición fotográfica sobre o tema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario