domingo, 24 de setembro de 2017

O video do IES VAL do TEA



As alumnas participantes no proxecto do IES VAL DO TEA elaboraron os guións e gravaron as imaxes para facer unha breve introdución ao centro.
Esta presentación levouse a Tuam na primeira viaxe.  
Moitas grazas polo voso traballo.

Na TG4

Na nosa estadía en Irlanda, participamos nun espazo televisivo da TG4 irlandesa.
Aquí nos tedes:



Estamos a preparar traballos colaborativos en Galego,  Irish Gaelic e Yogote, para tratar de acercarnos tanto as linguas como as culturas dos dous países.

Os cadernos de viaxe

Os cadernos de viaxe son unha forma de escoller as vivencias  do autor ou autora nunha viaxe. Pódese escribir  sobre experiencias,  aprendizaxe e  sentimentos. É unha colección de aventuras, historias, recordos e descubrimentos.  
Pedímoslles aos alumnos que  intentasen escribir algo todos os días, e tamén lles  animamos para que utilizasen a súa imaxinación. Houbo quen escribiu nun caderno e quen o fixo dixitalmente. Engadiron imaxes  e debuxos . Tamén as súas propias fotos, billetes de autobús, recibos, etc.


domingo, 9 de xullo de 2017

Presentación do proxecto para os alumnos de 3 ESO no IES VAL DO TEA

O pasado  23 de Xuño  Carmen, Gemma , Carla e Yolanda fixeron unha presentación para os seus compañeiros e compañeiras de Terceiro de ESO.
Usando unha presentación de PowerPoint como base,  explicaron en que consiste o proxecto, cales son os seus obxectivos e as actividades que fixeron ao longo do curso.
Falaron   sobre  as actividades que  fixeron ao longo do curso, a súa experiencia como familia acolledora,  sobre a viaxe a Tuam, e sobre a importancia que tivo o proxecto no estudio das linguas. 
Carla, ademais, fixo as fotos.

Despois da presentación 26 alumnos e alumnas de terceiro manifestaron o seu interés por participar no proxecto o curso que ven.

mércores, 21 de xuño de 2017

Hoxe, no IES Pedra da Auga, os cinco alumnos que participaron no Erasmus + deste primeiro ano resolveron as dúbidas dos seus compañeiros de terceiro, que serán os beneficiarios do mesmo no ano vindeiro (2016-2019).

Recordaron as experiencias vividas cos compañeiros Irlandeses, así como o que máis lles gustou desta experiencia única.




luns, 15 de maio de 2017

Illas de Aran

Nesta fin de semana visitamos as illas de Aran. Como podedes ver, acompañounos o tempo


Porén, a mellor compañía seguen sendo as amizades