luns, 17 de agosto de 2020

FREEDOM

Acabamomos de saber que gañamos o concurso no noso instagram do Verán Erasmus do SEPIE. A foto é en realidade un video, e a palabra é o berro inspirado pola paisaxe.
We have just learnt that we are winners to SEPIE's summer contest in our Instagram account. The photo is a video, and the word we chose to describe our Erasmus was a cry inspired by the landscape.

FREEDOM .... LIBERDADE .... SAOIRSE




 


xoves, 27 de febreiro de 2020

Un pouco de historia

Esta curta é o resultado da colaboración entre profesores e alumnado galego e irlandés durante o proxecto.
Partido dunha clase cultural acerca das lenda irlandesa de Cuchulain e da galega da Santa Compaña, pediuselles aos participantes do primero ano que, en grupos, elaborasen as bases dunha historia que unise ambas historias. De ahí saiu a historia de Maruxa e Cuchulain.


Publicada anteriormente neste blog.

Os participantes do Segundo ano, foron desenvolvendo  a historia, engadindo persoaxes e escenarios.  Posteriormente elaborouse un guión baseado na historia e debuxos que complementaban a historia.

Co guión A Escola de Arte elaborou a curta animada, obxectivo inicial do Proxecto.








Unha vez mais agradecemos a vosa participación e colaboración.





mércores, 26 de febreiro de 2020

Presentación da Curta: Maruxa e Cuchulain contra a Santa Campaña


O próximo día 28 de Febreiro na Sala de Plenos do Concello de Ponteareas as 5.30 terá lugar a presentación pública da curta realizada pola Escola deArte de Ponteareas baseada no guión escrito polo alumnado participante no noso proxecto Erasmus +.








Estades todos convidados!!!!

luns, 24 de febreiro de 2020

Video resumen proxecto Erasmus+ "Endangered Languages, Cultural Diversity and Integration in the EU of the XXI Century"

A productora Que Mas Ver, Cristina e Emilio fixéron esta reportaxe, recollendo as opinións e valoracións de moitos dos participantes no noso Erasmus+. Ademáis, este é un video que resume parte da nosa actividade durante estes tres anos.


Moitas grazas a todas e todos.

Que opinan os nosos alumnos e alumnas da súa participación no Proxecto?
Aquí tedes outra pequena mostra.




Made with Padlet

xoves, 23 de xaneiro de 2020

Galway 2020 Opening Ceremony 🔥



https://galway2020.ie/en/projects/galway-2020-opening-ceremony/?utm_source=Galway+2020+Contact+Database&utm_campaign=4688712f0c-EMAIL_CAMPAIGN_2020_01_23_04_06_COPY_01&utm_medium=email&utm_term=0_a7686eb40d-4688712f0c-109537477

Galway 2020 Opening Ceremony

Produced by Wonder Works with Galway City and County Community Cast
DATE 1-8 February
LOCATION    Galway City and County
Beginning in the farthest reaches of Galway on St Brigid’s Day, fiery celebrations will erupt in towns and villages across the county in keeping with the ancient traditions of the Irish Celtic calendar.

xoves, 31 de outubro de 2019

sábado, 12 de outubro de 2019

Presentación de outro Erasmus






"Somos un grupo informal de jóvenes de España. Nuestra misión es facilitar el desarrollo personal de los jóvenes a través de explorar la
conciencia de uno mismo, la expresión personal y la relación con la naturaleza.
Uno de nuestros objetivos es proporcionar oportunidades de movilidad (intercambios juveniles y cursos de formación) a jóvenes y trabajadores juveniles en educación no formal, en el marco del programa europeo Erasmus+"


https://www.facebook.com/xuventudeverde/


venres, 11 de outubro de 2019

Agradecementos


Unha vez mais temos que agradecer a todos e todas  o apoio para que esta celebración fose posible.
Grazas ao alumnado, profesorado, a Cristina, concelleira de Educación por apoiarnos e xestionarnos a utilización do Auditorio e a  A Miguel Bouzó que veu representando o Concello, a Verónica e ao Faro de Vigo, a Amparo, a Emilio que veu coas súas cámaras a gravarnos, a Alex de Ingrávida que dirixiu os nosos actores e actrices e elaborou o a obra que acabades de ver, a Escola de Arte de Ponteareas que fixo o tráiler da curta para que puidésemos  ter un adianto do que están a facer co guión elaborado no primeiro ano, a  Cristina de Que mas ver que estivo editando e montando o vídeo de difusión.

En xeral a toda a comunidade educativa,o profesores colaboradores e en particular a  Alvaro, Miguel e Rebecca como directores e directora dos Ies son os  últimos responsables de todo o que fixemos e estamos a facer.

Rematamos o acto animando   aos asistentes unha vez máis a participar nas actividades, proxectos e plans que lles ofrezan, Proxectos Erasmus nos IES, intercambios na universidade, cursos no estranxeiro, calquera destas actividades que lles poda axudar a mellorar os seus coñecementos, traxectoria profesional pero sobre todo a mellorar como persoas.

Graciñas a todos.
Os coordinadores do proxecto.

Os videos



Por fin chegou o día !!

DIFUSIÓN ERASMUS DAY
Comezamos definindo  o programa Erasmus e contextualizando o Erasmus Day.



 Despois explicamos como xurdiu este proxecto da proposta que D. Miguel Losada fixo aos tres institutos de Ponteareas ( Ies do Barral, Ies Pedra da Auga e Ies Val do Tea) e o centro educativo Archbishop McHale College,situado en Tuam ( Irlanda).
Repasamos en que consistiu o noso Erasmus e cales foron os seus obxectivos e como para cumprir cos obxectivos planificáronse diversas actividades de ensinanza e aprendizaxe, culturais e sociais.
O Concelleiro da Xuventude, Miguel Bouzó falou no nome do Concello e fixo unha reflexión sobre a relevancia deste Erasmus.

Entre as actividades de ensinanza aprendizaxe destacan o estudo das linguas obxecto do proxecto, como o Curso Básico de Lingua Galega para os estudantes irlandeses e a linguaxe de signos YOGOTE que foi desenvolvida en Galego, Castelán , Irlandés e Inglés. 
Xabier Prado do IES PEDRA DE AUGA.


Finalmente, presentamos varios vídeos resumen do feito durante estes anos, dos que falaremos na seguinte entrada.
Rematamos o acto coa actuación de dúas pandereteiras Nuria Gesteira e Lucía Pérez Groba.
Compre resaltar que todo isto é unha pequena parte resultado do noso traballo conxunto ..











mércores, 25 de setembro de 2019

Dia Europeo das Linguas




Obxectivos:  Sensibilizar sobre a importancia da aprendizaxe de idiomas para aumentar o multilingüismo e a comprensión intercultural,  Promover a importancia da diversidade lingüística e cultural en Europa,  Promover a aprendizaxe permanente de idiomas dentro e fóra da escola

xoves, 19 de setembro de 2019

ERASMUS DAY



O próximo 11 de Outubro queremos celebrar un ERASMUS DAY no IES do Barral, para difundir o proxecto no que traballamos ao longo destes tres anos (2016-2019) e para elo precisamos do voso permiso e colaboración.


En que consiste a proposta?
ERASMUS DAY

Os #ErasmusDays son un evento flexible, adaptado a cada axencia nacional e a cada participante Erasmus +. A idea é comunicar e difundir en proxectos Erasmus + en dous días específicos para ser visibles por cidadáns, profesionais, medios e responsables políticos.
OBXECTIVO
Testimoniar e promover a nosa experiencia.
Divulgar o noso proxecto

    "UN ERASMUS EN CONJUNTO: IES DO BARRAL, IES PEDRA DA AUGA E IES VAL DO TEA"