O pasado 20 de Outubro o Faro de Vigo online publicou a noticia da Celebración do ErasmusDay ente
https://www.farodevigo.es/comarcas/2019/10/20/ponteareas-culmina-analisis-irlandes-gallego/2189186.html?fbclid=IwAR0XSIU0L5RmU8rl0KcKYCVDSYV0GMhRm1xLYxIoCFCqvcOwTQ4yL1_P4lE
xoves, 5 de decembro de 2019
xoves, 31 de outubro de 2019
xoves, 24 de outubro de 2019
sábado, 12 de outubro de 2019
Presentación de outro Erasmus
"Somos un grupo informal de jóvenes de España. Nuestra misión es facilitar el desarrollo personal de los jóvenes a través de explorar la
conciencia de uno mismo, la expresión personal y la relación con la naturaleza.
Uno de nuestros objetivos es proporcionar oportunidades de movilidad (intercambios juveniles y cursos de formación) a jóvenes y trabajadores juveniles en educación no formal, en el marco del programa europeo Erasmus+"
https://www.facebook.com/xuventudeverde/
venres, 11 de outubro de 2019
Agradecementos
Unha vez mais
temos que agradecer a todos e todas o apoio para que esta celebración fose posible.
Grazas ao alumnado, profesorado, a Cristina,
concelleira de Educación por apoiarnos e xestionarnos a utilización do Auditorio
e a A Miguel Bouzó que veu representando o
Concello, a Verónica e ao Faro de Vigo, a Amparo, a Emilio que veu coas súas cámaras a gravarnos, a
Alex de Ingrávida que dirixiu os nosos actores e actrices e elaborou o a obra
que acabades de ver, a Escola de Arte de Ponteareas que fixo o tráiler da curta
para que puidésemos ter un adianto do
que están a facer co guión elaborado no primeiro ano, a Cristina de Que mas ver que estivo editando e
montando o vídeo de difusión.
En xeral a toda
a comunidade educativa,o profesores colaboradores e en particular a Alvaro, Miguel e Rebecca como directores e
directora dos Ies son os últimos
responsables de todo o que fixemos e estamos a facer.
Rematamos o
acto animando aos asistentes unha vez máis a participar nas
actividades, proxectos e plans que lles ofrezan, Proxectos Erasmus nos IES,
intercambios na universidade, cursos no estranxeiro, calquera destas
actividades que lles poda axudar a mellorar os seus coñecementos, traxectoria
profesional pero sobre todo a mellorar como persoas.
Graciñas a
todos.
Os
coordinadores do proxecto.
Por fin chegou o día !!
DIFUSIÓN ERASMUS DAY
Comezamos definindo o programa Erasmus e contextualizando o
Erasmus Day.Despois explicamos como xurdiu este proxecto da proposta que D. Miguel Losada fixo aos tres institutos de Ponteareas ( Ies do Barral, Ies Pedra da Auga e Ies Val do Tea) e o centro educativo Archbishop McHale College,situado en Tuam ( Irlanda).
Repasamos en que consistiu o noso Erasmus e cales foron os seus obxectivos e como para cumprir cos obxectivos planificáronse diversas actividades de ensinanza e aprendizaxe, culturais e sociais.
O Concelleiro da Xuventude, Miguel Bouzó falou no nome do Concello e fixo unha reflexión sobre a relevancia deste Erasmus.
Entre as actividades de ensinanza aprendizaxe destacan o estudo das linguas obxecto do proxecto, como o Curso Básico de Lingua Galega para os estudantes irlandeses e a linguaxe de signos YOGOTE que foi desenvolvida en Galego, Castelán , Irlandés e Inglés.
Xabier Prado do IES PEDRA DE AUGA.
Finalmente, presentamos varios vídeos resumen do feito durante estes anos, dos que falaremos na seguinte entrada.
Rematamos o acto coa actuación de dúas pandereteiras Nuria Gesteira e Lucía Pérez Groba.
Compre resaltar
que todo isto é unha pequena parte resultado do noso traballo conxunto ..
xoves, 10 de outubro de 2019
mércores, 25 de setembro de 2019
Dia Europeo das Linguas
Obxectivos:
Sensibilizar sobre a importancia da aprendizaxe de idiomas para
aumentar o multilingüismo e a comprensión intercultural,
Promover a importancia da diversidade lingüística e cultural en Europa,
Promover a aprendizaxe permanente de idiomas dentro e fóra da escola
xoves, 19 de setembro de 2019
ERASMUS DAY
O próximo 11 de Outubro queremos celebrar un ERASMUS DAY no IES do Barral, para difundir o proxecto no que traballamos ao longo destes tres anos (2016-2019) e para elo precisamos do voso permiso e colaboración.
En que consiste a proposta?
ERASMUS
DAY
Os #ErasmusDays son
un evento flexible, adaptado a cada axencia nacional e a cada participante
Erasmus +. A idea é comunicar e difundir en proxectos Erasmus + en dous días
específicos para ser visibles por cidadáns, profesionais, medios e responsables
políticos.
OBXECTIVO
Testimoniar e promover
a nosa experiencia.
Divulgar o noso
proxecto
"UN ERASMUS EN CONJUNTO: IES DO BARRAL, IES PEDRA DA AUGA E IES VAL DO TEA"
martes, 10 de setembro de 2019
Video sobre o noso Erasmus
Hoxe convocamos a concelleira de
Educación, profesores e alumnado dos tres IES de Ponteareas para a gravación
dun vídeo informativo acerca do noso proxecto.
O
obxectivo deste vídeo é dar a coñecer o noso proxecto, os seus produtos e
resultados.
Como nas outras veces todos
colaboraron entusiasticamente polo que unha vez máis dende a coordinación lles
damos as grazas polo seu apoio e colaboración.
luns, 22 de xullo de 2019
luns, 15 de xullo de 2019
O LIBRO: MÁIS ALA DO VALOR
ENDANGERED
LANGUAGES, CULTURAL DIVERSITY AND INTEGRATION IN THE EU OF THE XXI CENTURY
Un dos obxectivos dos proxectos Erasmus + e traballar
entre semellantes de outros países para aprender colaborando e cooperando entre
profesores e alumnos.
A base do traballo colaborativo é a de compartir
coñecemento, desenvolver e implementar enfoques metodolóxicos para profesorado
e alumnado e reforzar as habilidades básicas.
Na proposta do proxecto falouse dunha elaboración dun vídeo
que resumise o espírito do proxecto.
Dende o primeiro momento comezamos a traballar nesta
idea.
No primeiro ano 2016-2017 baixo a coordinación do
profesorado Irlandés e Galego, elaboráronse as lineas argumentativas da
historia e esbozaronse as personaxes.
A historia basease en lendas e
tradicións tanto irlandesas, o heroe Cuchulain e galegas como Santa Compaña.
No segundo ano 2017-2018
partido do traballo inicial seguiron desenvolvendo o argumento en Irlanda e as
personaxes e escenarios en Ponteareas.
O método de traballo empregado
foi o seguinte, o alumnado repartiuse en grupos de irlandeses e galegos, e as instrucións foron dadas polo profesado
de galego: Alberto e Uxía e as profesoras irlandesas, Anne Marie e Siofra o primeiro ano e Ivonne e
Deirdre no segundo ano.
Primeiro presentaron a idea,
logo falaron un pouco do folclore galego e irlandés, a seguir pedíronlles que
en grupos escribiran en líneas xerais que ocorría na historia, mediante votación
elixiuse os mellores e logo entre todos outra vez desenvolveron a historia e
debuxaron as personaxes como eles as imaxinaron.
No segundo ano partiuse da
historia previa e desenvolveuse, expandindo a historia e engadindo unha maior
caracterización aos personaxes.
E finalmente no terceiro ano
2018-2019 a coordinación decidiu elaborar un libro co material dos dous anos
anteriores, e representalo teatralmente, polo que os alumnos memorizaron o
texto e o representaron baixo a dirección de Alejandro Sobrino de Ingrávida no
Porriño.
Este libro foi presentado na
feira do libro de Ponteareas o pasado venres 12 de Xullo, grazas unha vez mais
a colaboración do Concello de Ponteareas e as súas representantes Cristina e
Hortensia.
Productos presentados na Feria do Libro: TODO SOBRE PONTEAREAS
En qué consistiu esta actividade?
Obxectivo
·
Coñecer o nosa vila e contorna para despois explicarllo
aos nosos compañeiros irlandeses.
·
Familiarizarse coa historia de Ponteareas.
·
Valorar os vestixios de outras épocas
Instruccións para os alumnado
}
Partindo dun texto en galego enviado pola biblioteca do
concello.
}
Tes que completalo con información propia ou reescribilo.
}
Tes que traducilo texto ao Inglés.
}
Tes que engadirlle fotos propias ou orixinais.
}
Tes que reenvialo ao correo do proxecto
Posta en práctica
·
Elaboración dun PowerPoint coa información e material
recollidos.
·
Elaboración e presentación do mapa de Ponteareas .
·
Durante os intercambios:
o
Visitas culturais:
§ Roteiro por Ponteareas.
§ Visita ao Museo Arqueolóxico e Biblioteca.
§ Visita ao xacementos e petróglifos da contorna.
§ Visita ao Castelo de Vilasobroso, museo e senda.
All about Ponteareas /
Todo sobre Ponteareas
domingo, 14 de xullo de 2019
Na Feira do libro en Ponteareas
O venres fixemos unha presentación de alguns dos productos do proxecto que estamos a piques de rematar.
Entre os ponentes había alumnado dos tres centros de Ponteareas e do centro irlandés que nos soprenderon coa súa visita.
Entre outras cousas falaron da súa participación no proxecto, da súa experiencia e da implicación.
Os do primeiro ano tamén falaron do impacto.
Foi unha experiencia moi interesante que rematamos cunha comida nun coñecido restaurante da vila.
Entre os ponentes había alumnado dos tres centros de Ponteareas e do centro irlandés que nos soprenderon coa súa visita.
Entre outras cousas falaron da súa participación no proxecto, da súa experiencia e da implicación.
Os do primeiro ano tamén falaron do impacto.
Foi unha experiencia moi interesante que rematamos cunha comida nun coñecido restaurante da vila.
luns, 8 de xullo de 2019
sábado, 6 de xullo de 2019
Algunhas actividades realizadas este curso
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)