Os
centros públicos do concello de Ponteareas participaron os días 10
e 11 de outubro nas III xornadas de formación inicial de
proxectos de asociacións estratéxicas entre centros escolares
(KA219) celebradas en Valencia
e organizadas
pola SEPIE dentro do marco
Erasmus +.
Estas xornadas están
inscritas dentro da formación necesaria para levar a cabo o proxecto
concedido este curso aos tres centros de ensino medio de Ponteareas
asociados co centro coordinador Archbishop McHale College de Tuam,CO.
GalWay (Irlanda).
Os institutos Pedra de
auga, Ponteareas e Val do Tea estiveron representados por tres
profesoras que participaron en diversos obradoiros de formación nos
cales se cubriron aspectos como a xestión do proxecto,as dinámicas
de grupo ou as plataformas económicas e de resultados.
O proxecto entre Ponteareas
e Tuam versa fundamentalmente sobre a situación de dúas linguas
minoritarias , o galego e o irlandés ,así como a súa
contextualización dentro da súa contorna inmediata.
Aspectos como a lingua, a
música, as artes ou a historia entre outros serán tratados polo
alumnado galego e irlandés ao longo dos tres anos de duración do
proxecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario