Obxectivos:
Sensibilizar sobre a importancia da aprendizaxe de idiomas para
aumentar o multilingüismo e a comprensión intercultural,
Promover a importancia da diversidade lingüística e cultural en Europa,
Promover a aprendizaxe permanente de idiomas dentro e fóra da escola
mércores, 25 de setembro de 2019
xoves, 19 de setembro de 2019
ERASMUS DAY
O próximo 11 de Outubro queremos celebrar un ERASMUS DAY no IES do Barral, para difundir o proxecto no que traballamos ao longo destes tres anos (2016-2019) e para elo precisamos do voso permiso e colaboración.
En que consiste a proposta?
ERASMUS
DAY
Os #ErasmusDays son
un evento flexible, adaptado a cada axencia nacional e a cada participante
Erasmus +. A idea é comunicar e difundir en proxectos Erasmus + en dous días
específicos para ser visibles por cidadáns, profesionais, medios e responsables
políticos.
OBXECTIVO
Testimoniar e promover
a nosa experiencia.
Divulgar o noso
proxecto
"UN ERASMUS EN CONJUNTO: IES DO BARRAL, IES PEDRA DA AUGA E IES VAL DO TEA"
martes, 10 de setembro de 2019
Video sobre o noso Erasmus
Hoxe convocamos a concelleira de
Educación, profesores e alumnado dos tres IES de Ponteareas para a gravación
dun vídeo informativo acerca do noso proxecto.
O
obxectivo deste vídeo é dar a coñecer o noso proxecto, os seus produtos e
resultados.
Como nas outras veces todos
colaboraron entusiasticamente polo que unha vez máis dende a coordinación lles
damos as grazas polo seu apoio e colaboración.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)