PRIMEIROS PASOS
Tras a sesión informativa realizada nos distintos IES unha parte do alumnado manifestou o seu interese polo proxecto. En Septembro volverémos a contactar con todos e invitarémos tamen as familias para confirmar a participación.
As datas da primeira viaxe do intercambio son do 18 ao 25 de Outubro ( xoves a xoves), nas que o alumnado galego recibiría na súa familia a un rapaz ou rapaza irlandés.
Ao longo do curso, o alumnado deberá participar nunha serie de actividades que se proporán dende a coordinación do proxecto.
O compromiso co proxecto é serio e dura todo o curso. Comprendémos que é un traballo extra para os rapaces pero a experiencia en sí é única e moi enriquecedora, tanto a nivel académico como persoal.
Aqueles alumnos e alumnas que reciban o visto bo das súas familias, deberán escribir un correo electrónico a seguinte dirección tuam.ponteareas@gmail.com indicando:
- nome completo,
- email de contacto,
- centro ao que asisten
A continuación debedes realizar un pequeno video no que -en inglés-
- resumir o contido do libro,
- falar de aquilo que mais vos chamou a atención ( aspectos históricos e culturais)
- similitudes coa cultura galega.
DATA LIMITE DE ENVÍO: 31 de Agosto de 2018
Animádevos a participar!!!